Marta Moll de Alba
Marta Moll de Alba, nada nas Palmas de Gran Canaria (Gran Canaria), é unha pianista española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX As Palmas de Gran Canaria |
Datos persoais | |
Residencia | Alemaña España |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pianista , profesora de música |
Membro de | dúo musical (2000–) |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Piano |
Traxectoria editar
Obtén o Título Superior de Piano en España e trasládase a Alemaña. Obtén o Künstlerische Ausbildung na Staatliche Hochschule für Musik Köln. Bolseira pola Alexander von Humboldt Stiftung e pola Staatliche Hochschule Köln. Tamén estudou na Rubinstein Akademie.
Especialízase no repertorio español comezando no ano 2003 un mestrado de Música Española dirixido por Alicia de Larrocha. Estudou piano con Margarita Guerra, Cecilio Tieles, Tibor Szasz Leontina Margulis
Actuou como solista en España, Portugal, Italia, Francia, Israel, Exipto, Xordania, o Canadá, Marrocos e Suramérica. Foi gañadora de concursos de piano en Barcelona, Porto, Bilbao e Mannheim. A Real Sociedade Económica do País de Gran Canaria outórgoulle o Premio Gran Canaria 2006.
Desde o ano 2000 forma o Dúo Cassadó co violoncelista Damián Martínez Marco. Taén desenvolve unha actividade tanto de solista como en música de cámara. Colabora como pianista na Escola Superior de Música de Cataluña, na Academia Superior do Liceo e é profesora en Musikene, Escola Superior de Música do País Vasco.