Marta Abreu Arencibia

Marta de los Ángeles González - Abreu y Arencibia, coñecida como Marta Abreu de Estévez, nada en Santa Clara (Cuba) o 13 de novembro de 1845 e finada en París o 2 de xaneiro de 1909, foi unha filántropa cubana.

Infotaula de personaMarta Abreu Arencibia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoMarta Abreu Arencibia
13 de novembro de 1845
Santa Clara, Cuba
Morte2 de xaneiro de 1909
(63 anos)
París, Francia
Datos persoais
País de nacionalidadecubana
Actividade
Ocupaciónfilántropa
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLuis Estévez

Traxectoria editar

Naceu en Santa Clara, na rúa Sancti Spíritus (hoxe Juan Bruno Zayas), na casa marcada co número 49. Foi filla de Pedro Nolasco González-Abreu y Jiménez e de Rosalía Arencibia y Plana, ambos nados na mesma cidade. Creceu e educouse no seo dunha adiñeirada familia, a cal se caracterizou polos seus cuantiosos donativos para obras de beneficencia e utilidade pública.[1]

Posteriormente mudouse a unha leira da súa familia no actual municipio de Encrucijada, destinada ao cultivo da cana de azucre. Grazas ao traballo cos escravos e polo seu bo corazón e bondade era coñecida entre eles como «La Generosa». Na súa cidade natal abriu os colexios San Pedro Nolasco e Santa Rosalía, masculino e feminino, respectivamente. Tamén fundou dous asilos para pobres e erixiu o Teatro de la Caridad, inaugurado o 8 de setembro de 1885, cuxa recadación se destinou a obras benéficas. Amais, construíu os lavadoiros públicos dos ríos Bélico e Cubanicay, o dispensario El Amparo para nenos pobres e fomentou a construción dunha planta eléctrica.[2] Contribuíu con numerosos recursos financeiros á loita pola independencia de Cuba.

Con fondos provistos por ela organizáronse a mediados de 1896 tres expedicións destinadas a Las Villas e Camagüey. Tamén financiou a construción da liña férrea desde o municipio de Encrucijada até a cidade de Santa Clara e posteriormente a terminal de trens que hoxe leva o seu nome.

En 1874 casou co doutor Luis Estévez y Romero, avogado natural da cidade de Matanzas, quen sempre apoiou as súas actividades benéficas e patrióticas. Este foi vicepresidente da República durante o goberno de Tomás Estrada Palma. En 1895, a Coroa Española quixo outorgarlle o título de Condesa de Santa Clara, mais ela rexeitouno.

Faleceu en París o 2 de xaneiro de 1909.

Honras editar

Homenaxe póstuma editar

O vapor Flandres partiu de Francia o 4 de febreiro de 1920 cos restos mortais de Marta Abreu e de Luis Estévez, quen se suicidara pouco despois de morrer a súa esposa.[2] O día 20 foron inhumados no panteón da familia Abreu Arencibia, na Necrópole de Colón, con honras das autoridades gobernamentais.

Monumento a Marta Abreu editar

O Concello da Habana decidiu cambiar o nome da rúa Amargura na Habana Vella polo de Marta Abreu.

O recordo da protectora dos pobres e da cidade de Santa Clara foi conservado pola cidadanía. O 24 de febreiro de 1924 inaugurouse un monumento na súa honra na Praza Leoncio Vidal da cidade.[3]

Universidade Central Marta Abreu de Las Villas editar

Na biblioteca desta universidade hai unha colección de libros raros moi valiosa.

Notas editar

  1. "Marta Abreu". EcuRed. Consultado o 4 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "Martha de los Ángeles González Abreu Arencibia". Cubanos Famosos. Consultado o 9 de novembro de 2022. 
  3. Fernández Ramírez, Narciso (13 de novembro de 2016). "Marta Abreu: monumento a su memoria". Vanguardia (en castelán) (Villa Clara). Consultado o 9 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Camacho, Pánfilo Daniel (1947). Marta Abreu: una mujer comprendida. Cuba y sus jueces (en castelán). Ediciones Universal. ISBN 9780897297431. 

Ligazóns externas editar