Martín Balza

diplomático arxentino

Martín Antonio Balza, nado en Salto o 13 de xuño de 1934, é un militar arxentino, veterano da Guerra das Malvinas, que desempeñou o cargo de Xefe do Exército e destacou por realizar unha importante "autocrítica" pública condenando severamente a violación de dereitos humanos realizada polas Forzas Armadas durante o Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983) e a imposición de ditaduras militares.

Infotaula de personaMartín Balza

(1990) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1934 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Salto, Arxentina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ambassador of Argentina to Colombia (en) Traducir
29 de xullo de 2003 – 28 de decembro de 2011
Comandante Exército Arxentino
4 de novembro de 1991 – 10 de decembro de 1999
← Martín Bonnet (en) TraducirRicardo Brinzoni (pt) Traducir →
Chief of the Army General Staff (en) Traducir
4 de novembro de 1991 – 10 de decembro de 1999
Executive officer (en) Traducir Exército Arxentino
26 de marzo de 1990 – 4 de novembro de 1991
← Martín Bonnet (en) Traducir – valor descoñecido → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónColégio Militar da Nação (pt) Traducir (1952–1955) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtilharia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático Editar o valor em Wikidata
Período de actividade17 de decembro de 1955 Editar o valor em Wikidata - 10 de decembro de 1999 Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Arxentino Editar o valor em Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Martín Balza ingresou ao Colexio Militar en 1952. Saíu como subtenente e especializouse en artillaría. Realizou o curso de tropa de montaña. Egresou da escola de guerra do Perú como oficial de Estado Maior. En 1982 sendo Tenente Coronel foi xefe do Grupo de Artillaría 3 (GA3) que combateu na guerra das Malvinas. En 1987, durante a presidencia de Raúl Alfonsín, foi ascendido a xeneral. En 1991 foi designado Xefe do Estado Maior do Exército cargo que desempeñou ata 1999. Durante o seu mando eliminouse o servizo militar obrigatorio. Na actualidade é embaixador arxentino en Colombia.[1]

As autocríticas editar

O 25 de abril de 1995, durante a presidencia de Carlos Menem, o xeneral Martín Balza, nese momento Xefe do Exército, presentouse nun importante programa televisivo para ler unha declaración. Esa declaración de Balza está considerada como a primeira autocrítica profunda das Forzas Armadas sobre o seu papel na violación de dereitos humanos durante o Proceso de Reorganización Nacional e a realización de golpes de estado. O xeneral Balza dixo entón entre outras:

Sin buscar palabras innovadoras, sino apelando a los viejos reglamentos militares, aprovecho esta oportunidad para ordenar una vez más al Ejército, en presencia de toda la sociedad: nadie está obligado a cumplir una orden inmoral o que se aparte de las leyes o reglamentos militares. Quien lo hiciera incurre en una conducta viciosa, digna de la sanción que su gravedad requiera. Sin eufemismos, digo claramente: delinque quien vulnera la Constitución Nacional. Delinque quien imparte órdenes inmorales. Delinque quien para cumplir un fin que cree justo emplea medios injustos e inmorales. La comprensión de estos aspectos esenciales hace a la vida republicana de un Estado...Comprender esto, abandonar definitivamente la visión apocalíptica, la soberbia, aceptar el disenso y respetar la voluntad soberana, es el primer paso que estamos transitando desde hace años, para dejar atrás el pasado, para ayudar a construir la Argentina del futuro, una Argentina madurada en el dolor, que pueda llegar algún día al abrazo fraterno. Si no logramos elaborar el duelo y cerrar las heridas no tendremos futuro. No debemos negar más el horror vivido, y así poder pensar en nuestra vida como sociedad hacia delante, superando la pena y el sufrimiento. (versión completa en Wikisource)

Con posterioridade o propio Xeral Balza realizou varias ampliacións da autocrítica do Exército en 1998[2] e 1999 [3]. Como consecuencia foi expulsado do Círculo Militar, a asociación civil máis importante coas que contan os militares na Arxentina.

Notas editar

  1. "General Martín Balza, El Periodista, 3 de agosto de 2003". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2007. 
  2. "Autocrítica y reclamos en un fuerte discurso de Balza, Clarín, 13 de febreiro de 1998". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2007. 
  3. "Papel del Ejército durante la represión ilegal: Balza hizo una nueva autocrítica, Clarín, 15 de setembro de 1999". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2007. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar