Mars M-69
Modelo de sonda soviética.
Mars M-69 ou Mars M69 foi o nome dun modelo de sondas espaciais soviéticas que se intentaron lanzar cara Marte no ano 1969 para obter datos e imaxes do planeta. Ámbalas dúas sondas non chegaron nin á órbita terrestre por fallo dos seus foguetes lanzadores, uns Proton.[1][2]
As dúas sondas Mars M-69 que se intentaron lanzar eran idénticas e tiñan unha masa duns 4850 kg.[1][2]
Historial de lanzamentos editar
Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|
27 de marzo de 1969 | Cosmódromo de Baikonur | Mars M-69 Nº1 | Fallo | O foguete non chegou a órbita terrestre. |
2 de abril de 1969 | Cosmódromo de Baikonur | Mars M-69 Nº1 | Fallo | Un fallo dun dos motores nada máis engalar fixo que o foguete voara 50 metros en horizontal e logo caera ao solo, explotando e esparexendo o propelente tóxico cerca da zona de lanzamento, poñendo en perigo a tódolos asistentes. |