Mars 1M

Sondas espacias soviéticas fallidas.

Mars 1M foi o nome dun modelo de sondas espaciais soviéticas que se intentaron lanzar para facer un sobrevoo de Marte nos comezos da era espacial e obter datos e imaxes do planeta. Ámbalas dúas sondas non chegaron nin á órbita terrestre por fallo dos seus foguetes lanzadores, uns Molniya.[1][2]

Unha das Mars 1M.

As dúas sondas Mars 1M que se intentaron lanzar eran idénticas e tiñan unha masa duns 640 kg. Como instrumentación científica levaban a bordo un magnetómetro, un contador de raios cósmicos, unha trampa de ións e un detector de micrometeoritos, entre outros.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
10 de outubro de 1960 Cosmódromo de Baikonur Mars 1M Nº1 Fallo Fallo da segunda etapa e perda do control do foguete.
21 de febreiro de 1966 Cosmódromo de Baikonur Mars 1M Nº2 Fallo Fallo da última etapa, non chegando a órbita e caendo de novo a terra.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2011). "Mars 1M" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Mars 1M" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar