Marreese Speights

baloncestista estadounidense

Marreese Akeem Speights, nado o 4 de agosto de 1987 en San Petersburgo, Florida, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Marreese Speights
Axente libre
Información persoal
Nacemento 4 de agosto de 1987 (36 anos)
San Petersburgo, Florida
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 116 kg (255 lb)
Posición Pivote / Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Gibbs (St. Petersburg, Florida)
Admiral Farragut Academy
(St. Petersburg, Florida)
Hargrave Military (Chatham, Virginia)
Universidade Florida (2006–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 16
Por Philadelphia 76ers
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2008–2012)
Memphis Grizzlies (2012–2013)
Cleveland Cavaliers (2013)
Golden State Warriors (2013–2016)
Los Angeles Clippers (2016–2017)
Orlando Magic (2017–2018)
Guangzhou Long-Lions (2018–2021)
Premios e galardóns
Campión NBA (2015)

Traxectoria profesional editar

Speights foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Philadelphia 76ers. Asinou cos Sixers o 18 de xullo de 2008.[1] Esa tempada foi a mellor para Speights nos 76ers, cun 50.2% de anotación en tiros de campo, xogando 79 partidos, un 20.5% en triplas, e un 77.3% dende a liña de tiros libres.

O 4 de xaneiro de 2012, Speights foi traspasados aos Memphis Grizzlies nun traspaso a tres bandas, que levou ademais a Xavier Henry aos New Orleans Hornets.[2] Os Grizzlies adquiriron a Speights para cubrir a baixa por lesión de Zach Randolph.[3]

O 22 de xaneiro de 2013, Speights foi traspasado ós Cleveland Cavaliers xunto a Wayne Ellington, Josh Selby e unha futura elección de primeira rolda do Draft a cambio de Jon Leuer.[4]

O 12 de xullo de 2013, Speights asinou cos Golden State Warriors.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar