Marko Marin

futbolista alemán

Marko Marin, nado o 13 de marzo de 1989 en Bosanska Gradiška, é un futbolista alemán de orixe serbia de Bosnia.

Infotaula de personaMarko Marin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1989 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Gradiška (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Peso65 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaAlemaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaFußball-Bundesliga, 2. Bundesliga e Premier League Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2006-2007 Borussia Mönchengladbach 16(3)
2007-2009 Borussia Mönchengladbach 68(8)
2009-2012 Werder Bremen 87(8)
2012-2016 Chelsea F.C. 6(1)
2012-2013 Trabzonspor (pt) Traducir 6(1)
2013-2014cesión Sevilla Fútbol Club 18(0)
2014-2015cesión ACF Fiorentina 0(0)
2015-2015cesión RSC Anderlecht 6(0)
2016-2018 Olympiakos Sindesmós Filathlon Piraiévs 37(11)
2018-2019 Fudbalski Klub Crvena Zvezda 34(9)
2020-2021 Al-Ahli (pt) Traducir 18(1)
2021-2021cesión Al-Raed (pt) Traducir 10(0)
2021-2022 Ferencvárosi TC 17(2) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2004-2005   Germany national under-16 football team (en) Traducir 9(0)
2005-2006   Germany national under-17 association football team (en) Traducir 16(5)
2006-2007   selección de fútbol sub-18 de Alemaña 4(2)
2007-2009   Alemaña sub-21 12(1)
2008-2010   Alemaña 16(1) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmarko-marin.de Editar o valor em Wikidata
Facebook: MM.MarkoMarin Twitter: MM_MarkoMarin Instagram: markomarin11 FIFA: 297407 UEFA: 103149 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Marko Marin adestrando co Borussia Mönchengladbach en 2007

Naceu na República Socialista de Bosnia e Hercegovina parte integrante da entón aínda Iugoslavia, fillo de Ranko e Borka Marin, serbios de Bosnia [1]. Antes de principiar a guerra de Bosnia súa nai solicitou un traballo como enfermeira que se anunciaba no consulado alemán en Saraxevo[2], e así tras logralo viaxou co seu home e seu fillo de dous anos á localidade alemá de Höchst, parte de Frankfurt, onde pasou a nenez Marko. Estudou secundaria na súa localidade natal e mais en Mönchengladbach, ata rematar os seus estudos en 2007[3]

Carreira futbolística editar

Marko Marin comezou a xogar cos equipos infantís do SG 01 Hoechst para pasar a partir de 1996 a xogar co Eintracht Frankfurt ata que o deixou en xullo de 2005 para se integrar no equipo xuvenil do Borussia Mönchengladbach e tras un ano trasladouse como reserva ao segundo equipo con vistas a desenvolver unha carreira profesional.

Borussia Mönchengladbach editar

Nun primeiro momento adestrou con profesionais pero non xogou o seu primeiro partido oficial ata o 31 de marzo de 2007 contra do Eintracht Frankfurt substituíndo no minuto 63 a Marvin Compper.

O 13 de xuño de 2007 asinou un contrato como profesional co Borussia Mönchengladbach con validez ata o 30 de xuño de 2010. Os seus primeiros goles na liga chegaron o 13 de abril de 2008 nunha vitoria 3:0 fronte ao SpVgg Greuther Fürth, e para mais na tempada 2007/08 contribuíu con 13 asistencias converténdose así nun dos mellores asistentes da 2. Bundesliga. Na fin da tempada pasou ao primeiro equipo na Bundesliga, repetindo tamén como un dos mellores asistentes do seu equipo [4].

Werder Bremen editar

 
Marko Marin xogando co Werder Bremen fronte a Pavel Drsek do FK Jablonec

Na tempada 2009/10 o seu equipo vendeuno ao SV Werder Bremen[5], converténdose nun dos xogadores titulares e parte da liña de ataque regular do Bremen que incluía tamén a Aaron Hunt e Mesut Özil. Na tempada 2010–11 demostrou a súa calidade, con catro goles e 11 asistencias.

Logo da marcha de Özil ao Real Madrid en agosto de 2010, a súa forma decaeu, con só un gol e cinco asistencias na tempada 2011/12[6][7][8]

Chelsea editar

O 28 de abril de 2012 Marko asinou un acordo co Chelsea[9] da Premier League inglesa por cinco anos [10]. Debutou o18 de xullo nun partido amigable de pretempada contra do Seattle Sounders FC da Major League Soccer, marcando o terceiro gol do Chelsea nunha vitoria 4–2. Marko non puido xogar na Community Shield de 2012 por mor dunha lesión[11]. O seu primeiro encontro de competición foi na League Cup contra do Wolverhampton Wanderers o 25 de setembro, nunha vitoria 6–0[12]. Coa Premier League o seu debut foi o 28 de novembro, substituíndo a Eden Hazard no minuto 82 nun empate 0–0 co Fulham[13]. O seu primeiro partido como titular foi o 2 de xaneiro de 2013 nunha derrota 0–1 contra dos rivais locais do Queens Park Rangers[14] e o 9 de febreiro marcou o seu primeiro gol na Premier League, nun encontro no que saíu no minuto 91 e marcou no 92 nunha vitoria 4–1 contra do Wigan Athletic[15].

Cesión ao Sevilla editar
 
Marko Marin coas cores do Sevilla logo da súa cesión ao equipo andaluz

O 28 de xuño de 2013 o Chelsea confirmou a cesión do xogador ao Sevilla[16]. Marko marcou o seu primeiro gol para o Sevilla nun amigable que rematou 3–1 contra do Manchester United. O 22 de agosto anotou dous goles na primeira rolda da Europa League contra do Śląsk Wrocław, nunha vitoria 4–1[17]. Na final da Europa League saíu ben entrada a segunda parte, e logo substituído no tempo extra nun partido que rematou coa vitoria do seu equipo nos penaltis contra do Benfica por 4–2[18]. Con esta vitoria Marko fíxose coa súa segunda Europa League consecutiva, ao gañala o ano anterior co Chelsea.

Cesión á Fiorentina editar

O 18 de agosto de 2014 o Chelsea cédeo á Fiorentina[19]. Viste por primeira volta as cores do seu novo equipo o 23 de outubro nun encontro da Europa League contra do PAOK entrando no minuto 77 no posto de Josip Iličič nunha vitoria 0-1[20]. O seu primeiro gol chegou o 27 de novembro tamén nun encontro da Europa League contra do Guingamp que gañou o Fiorentina por 1-2[21]. Volveu marcar o 11 de decembro, sempre na Europa League, logrando o gol do 2-1 contra do Dinamo Minsk. Pechou a súa paréntese italiana en xaneiro de 2015, sen xogar na Serie A.

Cesión ao Anderlecht editar

O 20 de xaneiro de 2015 Marko pasou como cedido ao Anderlecht para o resto da tempada[22] e cinco días despois da súa chegada a Bélxica, debutou co seu novo equipo como reserva, saíndo no minuto 75 en substitución de Maxime Colin nunha derrota 2–0 contra do Standard Liège[23]. Estivo na liña de ataque na final da Copa de Bélxica; así a todo, logo de sufrir unha lesión na segunda metade foi ao banco nun encontro que rematou cunha derrota 2–1 contra do Club Brugge[24].

Cesión ao Trabzonspor editar

O 25 de agosto de 2015 o seu club cedeuno unha vez máis, neste caso ao Trabzonspor[25]. Debutou co seu novo equipo o 30 dese mes nun empate contra do Akhisar Belediyespor entrando como substituto na segunda metade[26], o seu primeiro gol marcouno o 26 de setembro nunha derrota 3–1 contra do Osmanlıspor.[27]. O 15 de febreiro marcou nunha vitoria 2–1 sobre o Kayserispor[28]

Olympiacos editar

O 23 de agosto de 2016 acordou co Olympiacos un contrato para tres anos [29] e fixo a súa estrea o 11 de setembro de 2016 nunha vitoria 6–1 fronte ao Veria[30] e tras dous meses no banco ao non contar con el o adestrador Paulo Bento volveu á acción o 5 de xaneiro de 2017, marcando o gol da vitoria nun 2–1 contra do Asteras Tripolis[31].

O 17 de decembro de 2017, nun gran partido do alemán, o Olympiacos gañou 1–0 contra do PAS Giannina na sexta vitoria consecutiva do adestrador Takis Lemonis, o que levou ao equipo á primeira posición da Super Liga con 32 puntos tras 15 partidos, un máis que o AEK e o PAOK.[32]. O 7 de xaneiro de 2018 abriu un 3–0 contra do AEL, cooperando na sétima vitoria do seu equipo na súa carreira por logra o seu oitavo título consecutivo[33].

Estrela Vermella editar

O último día de agosto de 2018 asinou un contrato co Estrela Vermella[34]. Co seu novo equipo xogou na fase de grupos da Liga de Campións, participando en cinco dos seis partidos do seu equipo. No Parc des Princes marcou un gol contra do Paris Saint-Germain nunha derrota 1-6. No partido contra do Liverpool (2-0) en Belgrado asistiu nos dous goles de Milan Pavkov mentres que no encontro contra do Napoli (1-3) asistiu a Ben Nabouhane no único gol do seu equipo[35]. Na Superliga xogou 22 partidos e marcou seis goles, proclamándose o seu equipo campión e Marko logrou ser recoñecido mellor xogador do campionato nacional[36].

Selección nacional editar

 
Marko, terceiro á esquerda na banco, nun momento do encontro entre a Arxentina e Alemaña no Mundial de 2010, que rematou en vitoria alemá por 4-0 e a eliminación da Arxentina. En primeiro plano Lionel Messi co número dez da selección albiceleste

Marko tiña dobre cidadanía, bosníaca e mais alemá, e polo tanto podería xogar coas seleccións nacionais bosníacas, non obstante, optou por xogar na DFB, e alí pasou dende os |equipos xuvenís ata a sub-18. Na selección sub-21 xogou por primeira volta o 21 de agosto de 2007 nun encontro contra Irlanda.

En febreiro de 2007 Björn Kopplin do FC Bayern München II e Manuel Fischer do VfB Stuttgart elíxeno como un dos tres alemáns para a UEFA-CAF Meridian Cup, na que compiten un equipo europeo e outro africano sub-18. A selección europea impúxose á africana nos dous encontros disputados, o 27 de febreiro por 6-1 e o 1 de marzo por 4-0.

O adestrador Joachim Löw convocouno o 16 de maio de 2008 para a Eurocopa 2008 coa selección absoluta. No decurso da preparación xogou o 27 de maio de 2008 en Kaiserslautern o seu primeiro partido internacional coa absoluta contra Belarús. Aínda que finalmente non participou na Eurocopa.

O 20 de agosto de 2008 marcou nun partido amigable contra Bélxica. O 6 de maio de 2010 convocárono para o Mundial de Suráfrica. Participou na vitoria 4-0 contra Australia e na derrota 0-1 na rolda preliminar contra Serbia.

Notas editar

  1. "Introducing… Marko Marin". Goal. 22 de agosto de 2008. 
  2. "Марко Марин – мала чигра на терену". dw.com. 1 de xuño de 2010. 
  3. "Marko Marin". munzinger.de. 
  4. "Bundesliga Scorer 2008/09" kicker.de
  5. "Werder Bremen: Marko Marin vor Wechsel zum FC Chelsea". Spiegel. 28 de abril de 2012-04-28. 
  6. "Marin to know". ST. 28 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2014. Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  7. "Marko Marin". ESPN Soccernet. Consultado o 21 de maio de 2012. [Ligazón morta]
  8. Scott, Matt (29 de abril de 2012). "Marin reveals he snubbed Tottenham in order to secure 'dream' Chelsea move". Goal. 
  9. "Marko Marin to join Chelsea from Werder Bremen". BBC Sport. 28 de abril de 2012. 
  10. Holden, Kit (1 de maio de 2012). "Marko Marin is a ridiculous signing by Chelsea". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2012. Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  11. "Injured Marin misses out as Chelsea face Manchester City in Community Shield". Daily Mail. 10 de agosto de 2012. 
  12. "Ruthless Blues hammer Wolves". ESPNFC. 25 de setembro de 2012. 
  13. "Chelsea 0–0 Fulham". BBC Sport. 28 de novembro de 2012. 
  14. "Is this what Chelsea fans have been waiting for? Marin launches into horror challenge... just four minutes into his first league start, and SIX MONTHS after joining for £7m". 2 de xaneiro de 2012. 
  15. "Chelsea 4–1 Wigan". skysports.com. 9 de febreiro de 2012. 
  16. "MARIN LOAN AGREED". Chelsea FC. 28 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  17. "Sevilla 4–1 Śląsk". UEFA. 22 de agosto de 2013. 
  18. "Spot-on Sevilla leave Benfica dreams in tatters". UEFA. 14 de maio de 2014. 
  19. "Perfezionato l'acquisto di Marko Marin". violachannel.tv. 18 de agosto de 2014. 
  20. La Fiorentina non sbaglia un colpo uefa.com
  21. Fiorentina, missione compiuta uefa.com
  22. Wright, David (20 de xaneiro de 2015). "CONFIRMED: Chelsea flop Marko Marin joins Anderlecht on THIRD loan spell". Express. 
  23. "Standard Liège vs. Anderlecht 2 – 0". Soccerway. 25 de xaneiro de 2015. 
  24. "Club Brugge win Belgian Cup final thriller". UEFA. 22 de marzo de 2015. 
  25. "Marin moves on loan". Chelsea FC. 25 de agosto de 2015. 
  26. "Chelsea here Chelsea there". Chelsea FC. 31 de agosto de 2015. 
  27. "Osmanlıspor vs. Trabzonspor 3 – 1". Soccerway. 26 de setembro de 2015. 
  28. "Trabzonspor vs. Kayserispor 2 – 1". Soccerway. 26 de febreiro de 2016. 
  29. "Player Olympiakos Marko Marin". Olympiacos. 23 de agosto de 2016. 
  30. "Olympiakos 6–1 Veria". SkySports. 11 de setembro de 2016. 
  31. Η απάντηση του Μάριν!. sport-fm.gr. 5 de xaneiro de 2017. 
  32. Ολυμπιακός – ΠΑΣ Γιάννινα 1–0. www.gazzetta.gr. 17 de decembro de 2017. 
  33. Επτά στα επτά ο Ολυμπιακός, πέρασε με 3–0 απ'τη Λάρισα. www.sport24.gr date = 7 de xaneiro de 2018. 
  34. "Бомба за крај – Марко Марин у Црвеној звезди!". b92.net. 31 de agosto de 2018. 
  35. "Звездо буди поносна: Марин је најбољи Немац у ЛШ". mondo.rs. 29. 11. 2018. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2019. Consultado o 23 de xullo de 2019.. 
  36. "Марин најбољи играч Супер лиге, Милојевић тренер". zurnal.rs. 16 de maio de 2019.