Mark Shuttleworth

nformático e empresario surafricano

Mark Richard Shuttleworth, nado o 18 de setembro de 1973 en Welkom, Suráfrica, é un informático, empresario e turista espacial[1][2][3] surafricano. É o fundador da empresa Canonical Ltd., unha empresa promotora do software libre.

Infotaula de personaMark Shuttleworth

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mark Richard Shuttleworth Editar o valor em Wikidata
18 de setembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Welkom, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSuráfrica
Illa de Man Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSuráfrica
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cidade do Cabo - finanzas, tecnoloxías da información (1992–1995)
Western Province Preparatory School (en) Traducir
Diocesan College (en) Traducir
Rondebosch Boys' High School (en) Traducir
Brooks School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , blogueiro , empresario , Programador , informático teórico , enxeñeiro , inventor , astronauta , private space traveler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCanonical Ltd.
Thawte Consulting (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Tempo no espazo9 días, 21 horas e 25 minutos Editar o valor em Wikidata
Misión do astronauta
Cronoloxía
25 de abril de 2002-5 de maio de 2002Voo espacial Editar o valor em Wikidata

Páxina webmarkshuttleworth.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: sabdfl Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mark Shuttleworth naceu na vila mineira de Welkom, Estado Libre, Suráfrica, o seu pai é cirurxián e a súa nai unha mestra dunha escola de enfermería. Creceu na cidade do Cabo onde obtivo un BBusSci en Finanzas e información de sistemas na universidade da Cidade do Cabo, vivía no Smuts Hall, ademais participou na instalación das primeiras conexións residenciais de Internet na súa universidade.

Traballo editar

En 1995, o seu último ano na universidade, funda a empresa de seguridade en Internet Thawte, especializada en certificados dixitais e seguridade en Internet, que vende en 1999 a VeriSign por 575 millóns de dólares.

Shuttleworth fundou en marzo de 2004 a empresa Canonical Ltd., para a promoción e soporte comercial de proxectos de software libre e código aberto, tamén financiou o proxecto Ubuntu, unha distribución de GNU/Linux baseada en Debian, en 2001 forma a fundación Shuttleworth, sen fins de lucro e dedicada á innovación social que tamén apoia educación gratuíta e proxectos de software libre en Suráfrica, como o Freedom Toaster.

En setembro do 2000, formou HBD Venture Capital, unha incubadora de empresas e provedora de capitais de risco. En marzo de 2004 formou Canonical Ltd., para a promoción e soporte comercial de proxectos de software libre. En decembro de 2009, deixa de ser o director executivo de Canonical Ltd.

Viaxe espacial cara á ISS editar

 
Mark Shuttleworth na Estación Espacial Internacional.

Foi o primeiro africano no espazo e o primeiro turista espacial surafricano. O 25 de abril de 2002, a nave Soiuz TM-34 engalou no cosmódromo de Baikonur cara á Estación Espacial Internacional cunha tripulación formada por tres persoas: o piloto-cosmonauta ruso Yuri Gidzenko como comandante da misión, o cosmonauta-investigador italiano Roberto Vittori e o cosmonauta-enxeñeiro surafricano Mark Shuttleworth.

O segundo cosmonauta "turista" na historia, despois do voo do millonario estadounidense Dennis Tito na Soiuz TM-32, prefire non ser considerado un simple turista, e por iso puxo gran énfase nos aspectos educativos e científicos da súa misión. Levou a cabo experimentos científicos nas áreas de fisioloxía e fenómenos de cristalización, así como outros relativos á investigación das células nai.

Logo de 8 días a bordo da Estación Espacial Internacional (e 10 días de estancia no espazo), a tripulación conformada por Gidzenko, Vittori e Shuttleworth regresou á Terra a bordo da Soiuz TM-33, naquel momento axustada á Estación. A misión da Soiuz TM-34 foi a cuarta que viaxaba á Estación Espacial Internacional e a última de dita variante TM da venerable nave, sendo substituída logo pola Soiuz TMA.

Notas editar

  1. BBC News Online, ed. (12 decembro 2001). "Nasa makes space tourism U-turn". Consultado o 2 setembro de 2012. approval to plans to make the South African internet millionaire Mark Shuttleworth 
  2. "Space tourist lifts off". BBC News Online. 25 April 2002. Consultado o 2 setembro 2012. South African internet millionaire Mark Shuttleworth is heading for a short stay 
  3. "International Space Station: Soyuz 3 Taxi Flight Crew: Mark Richard Shuttleworth". 4 April 2004. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2017. Consultado o 2 September 2012. Mark was born on 18 September 1973 in mining town Welkom, in South Africa's Free State province 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar