Mark Rutte

político neerlandés


Mark Rutte, nado na Haia o 14 de febreiro de 1967, historiador e político, é o actual primeiro-ministro dos Países Baixos.

Infotaula de personaMark Rutte
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1967 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
A Haia, Países Baixos
Cargos
Primeiro ministro dos Países Baixos
Período14 de outubro de 2010 - actualidade
AntecesorJan Peter Balkenende
Datos persoais
ResidenciaA Haia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgreja Protestante na Holanda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden - ciencia histórica (1984–1992)
IMD Business School Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosGray (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo A Haia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador e político
Empregadorvalor descoñecido (2002–2002)
Calvé (1997–2002)
Unilever (pt) Traducir (1992–1997) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoVolkspartij voor Vrijheid en Democratie - VVD
LinguaLingua neerlandesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Participou en
16 de xaneiro de 2023World Economic Forum Annual Meeting 2023 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2020World Economic Forum Annual Meeting 2020 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2019World Economic Forum Annual Meeting 2019 (en) Traducir
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir
17 de xaneiro de 2017World Economic Forum Annual Meeting 2017 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2016World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) Traducir
21 de xaneiro de 2015World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014
World Economic Forum Annual Meeting 2013 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2265302 Facebook: markrutte Twitter: markrutte Instagram: markopinsta LinkedIn: mark-rutte Youtube: UCz7YL5iM1BEAC3gwvxDvXlQ Musicbrainz: 58b5875c-ce12-4a1e-b78f-354dc9d22591 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mark Rutte naceu na Haia o 14 de febreiro de 1967 no seo dunha familia fiel á igrexa reformada neerlandesa. Eles militaban no Partido Anti Revolucionario e logo na Chamada Democristiana.

Ruttegraduouse en Historia dos Países Baixos na Universidade de Leiden en 1992. Mentres estudaba na universidade, el formou parte da Xunta Directiva da organización xuvenil do Partido Popular pola Liberdade e a Democracia (VVD polas súas siglas en neerlandés), un partido liberal de centro-dereita; sendo presidente desa rama xuvenil entre 1988 e 1991.

O mesmo ano da súa graduación na universidade, 1992, Rutte entrou a traballar na empresa multinacional de capital británico e neerlandés Unilever; ocupándose da formación e capacitación do persoal, e participando en varias reorganizacións, ata o 1997 cando foi ascendido a xefe de persoal ao servizo de Van den Bergh Netherlands. No 2000 Rutte foi designado para o Grupo Corporativo de Recursos Humanos. No 2002 el foi nomeado Director de Recursos Humanos de IGLOMora Groep BV, unha subsidiaria de Unilever.

Paralelamente Rutte proseguía coa súa carreira política como membro da Xunta Directiva do VVD entre 1993 e 1997; e no 2002 foi membro do comité do partido encargado dos nomeamentos para as eleccións parlamentarias dese ano.

O 22 de xullo do 2002 Rutte foi nomeado Secretario de Estado (cargo equivalente a viceministro na estrutura constitucional neerlandesa) de Asuntos Sociais e Emprego; permaneceu nese cargo ata o 16 de xuño do 2004. Entre o 16 de xuño do 2004 e o 27 de xuño do 2006 foi Secretario de Estado de Educación, Cultura e Ciencia. O 2010 tornouse o primeiro liberal elixido primeiro ministro en 92 anos.[1]

Notas editar

Primeiro ministro dos Países Baixos

Segue a:
Jan Peter Balkenende
Mark Rutte
(2010-presente)

Precede a:
en funcións
'Volkspartij voor Vrijheid en Democratie - VVD