Mario West

baloncestista estadounidense

Mario Marceé West, nado o 19 de xuño de 1984 en Huntsville (Alabama), é un xogador americano de baloncesto profesional. Non foi elixido no Draft da NBA polos Hawks, pero o ficharon despois do Draft de 2007.[1]

Mario West
Posición Escolta
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 19 de xuño de 1984 (39 anos)
Huntsville (Alabama)
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Información da carreira
Instituto Douglas County High School
Douglasville, Xeorxia
Universidade Georgia Tech
Carreira dende 2007
Historial de equipos
Maine Red Claws (2009–2010, 2010-2011)
Atlanta Hawks (2007–2010)
New Jersey Nets (2011)
Información en nba.com

Traxectoria editar

West foi xogador no Douglas County High School en Douglasville (Xeorxia). Mario foi o capitán do equipo nos seus anos júnior e sénior.

West foi a Georgia Tech, e foi nomeado capitán xusto antes de que comezara o seu ano sénior. Mentres estivo alí, gañou o campionato universitario de mates no ano 2007.

West xogou cos Atlanta Hawks nas tempadas 2007-08 e 2008-09. Tras o seu paso polos Red Claws no comezo da tempada 2009-10, West asinou de novo con Atlanta para o resto da 2009-10. Nos Hawks, xogou en 156 partidos en 3 tempadas, incluíndo 6 de titular. Acadou 4.4 minutos e 0.8 puntos por partido nese tempo.[2] Xogou cos Boston Celtics durante a pretempada do ano 2010, pero foi cortado antes do comezo da tempada. Retornou aos Maine Red Claws, o afiliado da NBA D-League dos Celtics, para o comezo da tempada 2010-11.[3] O 24 de marzo de 2011, West pediu aos Red Claws que o deixaran ir para volver a Atlanta a coidar dun membro da familia que estaba enfermo, e os Red Claws deixáronlle irse do equipo. Xogou en 53 partidos en dúas tempadas en Maine. En 2010-11, West xogou unha media de 34 minutos de xogo en 43 partidos, e acadou 13.7 puntos e 2.9 asistencias. Os Red Claws retiveron os dereitos de West por si volvía á D-League.[4] O 31 de marzo de 2011, os New Jersey Nets ofrecéronlle un contrato de 10 días.[5] O 4 de abril de 2011, os Nets lle ficharon para os restantes tres partidos da tempada.[6]

Notas editar

  1. "Mario West Makes Hawks Roster". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2011. Consultado o 04 de xuño de 2011. 
  2. Mario West Player File Arquivado 26 de novembro de 2010 en Wayback Machine. NBA.com
  3. Working on Season 2 Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Portland Press Herald, 9 de novembro de 2010
  4. West leaves Claws for home Portland Press Herald, 24 de marzo de 2011
  5. Nets sign G Mario West, waive Quinton Ross USA Today, 31 de marzo de 2011
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2011. Consultado o 04 de xuño de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar