Mario Tiddia

futbolista italiano

Mario Tiddia, nado en Sarroch, Cagliari, o 5 de maio de 1936 e finado no mesmo lugar o 5 de agosto de 2009, foi un futbolista e adestrador italiano, que xogaba como defensa. A súa carreira estivo estreitamente vencellada ao Cagliari, club onde se converteu nun símbolo. Militou nel como futbolista durante unha década e máis tarde adestrouno en varias etapas.

Tiddia
Información persoal
Nome Mario Tiddia
Nacemento 5 de maio de 1936
Lugar de nacemento Sarroch
Falecemento 5 de agosto de 2009
Lugar de falecemento Sarroch
Altura 170 centímetros
Posición defensa
Carreira xuvenil
Olbia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1957–1958 Olbia
1958–1968 Cagliari 201 (0)
1967 Chicago Mustangs
Adestrador
1975–1976 Cagliari
1978–1981 Cagliari
1981–1982 Pescara
1982–1983 Torres
1983–1984 Cagliari
1987–1988 Cagliari
1989–1990 La Palma
1991–1992 Selargius
1992–1993 Civitavecchia
1997–1998 Monteponi Iglesias
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Era curmán do arcebispo Pier Giuliano Tiddia.[1]

Traxectoria editar

Como futbolista editar

Como xogador permaneceu máis dunha década no Cagliari, club ao que chegou en 1958 procedente do Olbia. Viviu un descenso á Serie C na tempada 1959/60 e logo o primeiro ascenso do club sardo á Serie A na 1963/64, da que foi un dos protagonistas. Na campaña seguinte alcanzou o sexto posto da liga. Disputou un total de 58 partidos na Serie A e 98 na Serie B.

Co Cagliari tamén viviu unha experiencia no campionato norteamericano organizado en 1967 pola United Soccer Association e recoñecido pola FIFA, no que o equipo sardo saíu ao campo representando os Chicago Mustangs e obtendo o terceiro posto na División Oeste.[2][3]

Como adestrador editar

Foi adestrador asistente do Cagliari durante varios anos e máis tarde dirixiu o conxunto rossoblu en diferentes etapas. Pasou por momentos pouco brillantes como o descenso á Serie B da tempada 1975/76, pero tamén foi o protagonista do retorno á máxima categoría en 1978. Na tempada 1980/81 obtivo un sexto posto na liga.

Ademais do Cagliari tamén adestrou o Pescara na Serie B e o Torres na Serie C2. En 1983 foi reclamado de novo polo Cagliari, que acababa de caer á Serie B, pero non conseguiu o ascenso. Na tempada 1987/88 volveu de novo ao banco do equipo rossoblu, que militaba desta vez na Serie C1 e estaba en postos de descenso, e conseguiu a salvación. Logrou tamén permanencia co La Palma Cagliari na súa única tempada na Serie C2. Era alcumado "Cincinnato", en referencia ao ditador romano Lucio Quinzio Cincinnato, debido a que alternaba a actividade de adestrador coa de labrego.[4]

Doente durante moito tempo, morreu na súa localidade natal o 5 de agosto de 2009.[4]

Recoñecementos editar

O Cagliari incluíuno no seu Salón da Fama.[5] O campo municipal de Sarroch, a súa localidade natal, leva o seu nome.

Palmarés editar

Cagliari

Notas editar

  1. Murtas, Gianfranco (15 de decembro de 2016). "Don Pier Giuliano Tiddia, arcivescovo emerito di Oristano, è prete da 65 anni. Gli auguri di quanti gli vogliono bene!" (en italiano). Consultado o 27 de abril de 2022. 
  2. "The Year in American Soccer - 1967" (en inglés). 15 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 27 de abril de 2022. 
  3. "Con Scopigno negli States 47 anni fa". La Nuova Sardegna (en italiano). 30 de maio de 2014. Consultado o 27 de abril de 2022. 
  4. 4,0 4,1 "Addio Cincinnato! Il Cagliari piange la morte di Tiddia" (en italiano). 7 de agosto de 2009. Consultado o 27 de abril de 2022. 
  5. "Hall of Fame" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2022. Consultado o 27 de abril de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar