A marimba é un instrumento de percusión, idiófono, formado ao igual que xilófono por lamelas de madeira, normalmente de Pau Santo ou Pau Rosa, que ó seren golpeadas con baquetas producen un son doce e melodioso. É un instrumento, como outros deste tipo de percusión, que está en fase de experimentación, aínda que xa fora inventado por determinados pobos africanos que logo contactaron con pobos do actual México (ou sinxelamente inventada por estes últimos, non se sabe ben). Por iso ata o momento non existen moitas partituras para este curioso instrumento.

Banda de marimba de Guatemala

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Helmut Brenner: Marimbas in Lateinamerika. Historische Fakten und Status quo der Marimbatraditionen in Mexiko, Guatemala, Belize, Honduras, El Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Kolumbien, Ecuador und Brasilien (=Studien und Materialien zur Musikwissenschaft 43), Hildesheim–Zürich–Nova York: Georg Olms Verlag, 2007.