Maria di Rohan
Maria di Rohan (en galego María de Rohan) é unha ópera tráxica en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado en Un duel sous le cardinal de Richelieu de Lockroy e Edmond Badon. A súa estrea tivo lugar no Kärntnertortheater de Viena o 5 de xuño de 1843.
Maria di Rohan María de Rohan | |
---|---|
Marie de Rohan-Montbazon, figura histórica na que se basea a ópera. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Salvatore Cammarano |
Fontes literarias | Un duel sous le cardinal de Richelieu de Lockroy e Edmond Badon |
Estrea | 5 de xuño de 1843 |
Teatro da estrea | Kärntnertortheater |
Lugar da estrea | Viena |
Música | |
Compositor | Gaetano Donizetti |
Personaxes | |
Esta ópera é moi pouco representada na actualidade, figurando nas estatísticas de Operabase con unicamente 3 representacións no período 2005-2010.[1]
Personaxes editar
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 5 de xuño de 1843 |
---|---|---|
Maria, condesa de Rohan | soprano | Eugenia Tadolini |
Riccardo, conde de Chalais | tenor | Carlo Guasco |
Enrico, duque de Chevreuse | barítono | Giorgio Ronconi |
Armando di Gondì | tenor (daquela contralto) | Michele Novaro |
O vizconde de Suze | baixo | Friedrich Becher |
de Fiesque | baixo | Gustav Hölzel |
Aubry (secretario de Chalais) | tenor | Anton Müller |
Un familiar de Chevreuse | baixo | |
Cabaleiros, o gabinete do Rei, paxes, gardas e criados domésticos de Chevreuse |
Argumento editar
Maria, casada co Duque de Chevreuse (encarcerado por matar o sobriño do Cardenal Richelieu nun duelo), pide axuda ao seu antigo amante e Conde de Calais, Riccardo. Maria é insultada e Riccardo sae na súa defensa, retando a un duelo ao ofensor. Chevreuse sae en liberdade e xúralle lealdade. Maria tenta inutilmente impedir o duelo e confesa o seu amor por Riccardo, quen lle escribe unha carta de despedida que debería serlle entregada a Maria no caso de morrer. Chevreuse loita no seu lugar no duelo e resulta ferido levemente, mais, mentres tanto os homes do Cardenal entran no cuarto de Riccardo e levan varios documentos. Chervreuse amósalle un pasadizo secreto a Riccardo polo cal poder escapar e este pídell a Maria que o siga. Riccardo regresa para levar a Maria con el, mais Chevreuse atopa a súa carta, admitindo Maria a súa culpa. Chevreuse reta a un duelo a Riccardo, que se suicida.
Momentos destacados editar
Maria ten unha conmovedora escena de entrada no primeiro acto con Culpa, fatal mestizia. No terceiro acto hai unha fermosa escena de Chevreuse con Bella e di sol vestita. Mentres que Riccardo ten o seu momento de lucimento no segundo acto coa aria Alma soave e cara, na que pensa no duelo co home que insultou a Maria.
Notas editar
- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 15 de abril de 2012.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |