Maria Carmela Colaneri

medallista e deñedora de moedas italiana

Maria Carmela Colaneri, nada en Roma o 10 de febreiro de 1963, é unha gravadora, medallista e deseñadora de moedas italiana.

Infotaula de personaMaria Carmela Colaneri
Biografía
Nacemento10 de febreiro de 1963 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmedallista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Maria Carmela Colaneri cursou estudos de medallística na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado.[1]

Logo do seu período formativo entrou a formar parte do cadro de gravadores do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, onde comezou a deseñar e gravar medallas e moedas dun xeito profesional.[1]

Obra editar

 
Anverso dos 2 euros de 2002 co busto de Dante.[2]

Colaneri é autora dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano e a República de San Marino.[1][3]

Entre as súas obras máis populares está o anverso nacional italiano da moeda de dous euros que reproduce o retrato de Dante Alighieri pintado por Rafael.[2]

É de destacar tamén a súa moeda de 500 liras conmemorativa —non circulante— sobre a "flora e fauna de Italia", que foi galardoada co premio á mellor moeda do ano 1992.[4][5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar