Margarita Díaz-Andreu

investigadora española

Margarita Díaz-Andreu García, nada o 13 de outubro de 1962, é unha arqueóloga e investigadora española.[1] É directora e investigadora principal do proxecto ArqueólogAs da Universidade de Barcelona (UB), cuxo obxectivo é «analizar dunha maneira crítica o papel da muller na arqueoloxía española, dende a profesionalización da disciplina no século XIX até os nosos días".[2] En 2021 gañou o Premio Nacional de Investigación.[3]

Infotaula de personaMargarita Díaz-Andreu
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArchaeoacoustics (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarqueóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCatalan Institution for Research and Advanced Studies (en) Traducir (2012–)
Universidade de Barcelona (2012–)
Universidade de Durham (pt) Traducir, reader (en) Traducir (1996–2011)
Universidade Complutense de Madrid (1995–1996)
Universidade de Southampton (pt) Traducir, investigadora pós-doutoral (pt) Traducir (1992–1993) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webicrea.cat… Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 225666

Traxectoria editar

Díaz-Andreu licenciouse en 1986 na [[Universidade Complutense de Madrid] (UCM) onde recibiu o Premio Extraordinario de Doutoramento en 1990.[4] As súas investigacións e traballos están moi ligados á arte rupestre.[5] Ocupou diversos cargos de responsabilidade no Consello Superior de Investigacións Científicas (1993-1994), na Universidade Complutense de Madrid (1993-1995) e na Universidade de Durham (1996-2011).[6]

É pioneira na investigación sobre Patrimonio Arqueolóxico, investigadora do ICREA e dirixe o Grupo de Arqueoloxía Pública e Patrimonio (GAPP).[7] Ademais, forma parte do Proxecto Arqueoloxía Sen Fronteiras.[8]

Como directora do proxecto ArqueólogAs da Universidade de Barcelona, Díaz-Andreu é a encargada de recuperar a memoria de mulleres que pertenceron á ciencia e formaron parte da Historia,[9] aplicándolles a perspectiva de xénero. As súas investigacións transcenderon a España e chegaron a Francia e Inglaterra.[10]

É autora de 16 libros, 9 deles editados, algúns publicados en editoriais internacionais de renome (Oxford University Press, Routledge) e outros en forma de números especiais en revistas internacionais de prestixio. Tamén publicou máis de 70 artigos e case un centenar de capítulos de libros.[7]

É vicepresidenta da Comisión de Historia da Arqueoloxía da Unión Internacional de Ciencias Prehistóricas e Protohistóricas. Tamén pertence ao consello de redacción de American Anthropologist, Spanish Historical Index e forma parte do consello asesor da revista "Prehistory Works". Así mesmo, é membro da Rede de Valores do Patrimonio (proxecto JPI-JHEP).[8]

En 2023, despois de anos de denuncias de acoso laboral por parte dos seus subordinados foi apartada pola UB.[11]

Premios e recoñecementos editar

En 1990, Díaz-Andreu gañou o premio extraordinario de doutoramento na Universidade Complutense de Madrid.[12] En 2018, recibiu unha gran subvención do Consello Europeo de Investigación (ERC) que só se concede a investigadores sénior.[13][14]

En 2021 gañou o Premio Nacional de Investigación outorgado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, de España.[15]

Notas editar

  1. "HOTSAK/SONIDOS: Más allá del sonido con Margarita Díaz-Andreu | Jakiunde". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2021. Consultado o 2021-04-25. 
  2. "Equipo ArqueólogAs" (en castelán). Consultado o 2021-04-25. 
  3. "El Ministerio de Ciencia e Innovación otorga las diez modalidades de los Premios Nacionales de Investigación 2021". www.ciencia.gob.es. Consultado o 2021-11-23. 
  4. "Dra. Margarita Díaz-Andreu". Consultado o 2021-04-24. 
  5. "Dra. Margarita Díaz-Andreu, autor en Fundación Palarq" (en castelán). Consultado o 2021-04-24. 
  6. "Díaz-Andreu García, A. Margarita" (en inglés). Consultado o 2021-04-24. 
  7. 7,0 7,1 "Margarita Díaz-Andreu" (en castelán). Consultado o 2021-04-24. 
  8. 8,0 8,1 "Miembros" (en castelán). 2014-02-13. Consultado o 2021-04-24. 
  9. Redacción (2020-11-09). "La UA participa en ArqueólogAs, un proyecto sobre la mujer en la arqueología española" (en castelán). Consultado o 2021-04-24. 
  10. "ArqueólogAs, un proyecto que recupera la memoria de las mujeres". EFeminista. 
  11. Pareja, Pol (2023-03-29). "El maltrato de una premiada arqueóloga a sus investigadoras: “Llegué a sentirme como su esclava”". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-03-30. 
  12. "Arqueólogos del presente | Reportajes | MG Magazine". Consultado o 2021-04-24. 
  13. ub. "Margarita Díaz-Andreu obtiene una Advanced Grant del Consejo Europeo de Investigación para investigar las características acústicas del arte rupestre - Universitat de Barcelona" (en catalán). Consultado o 2021-04-24. 
  14. "La UE financia 18 proyectos de ciencia excelente española" (en castelán). Consultado o 2021-04-24. 
  15. "La Moncloa. 22/11/2021. Ciencia e Innovación otorga las diez modalidades de los Premios Nacionales de Investigación 2021 [Prensa/Actualidad/Ciencia e Innovación]" (en castelán). Consultado o 2021-11-23. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar