Margarita

mineral do grupo dos silicatos

Este artigo trata sobre un mineral. Para a flor véxase o artigo Margarida. Para a bebida véxase Margarita (cóctel)

Margarita
Fórmula químicaCaAl2(Al2Si2)O10(OH)2
ClaseSilicatos
SubclaseFilosilicatos
CorGrisallo, branco, rosa ou medio marelo
BrilloDe vítreo a anacarado
Dureza4 (escala de Mohs)
FracturaCrebadiza
ExfoliaciónExfoliase
Densidade3,03 g/cm3

A margarita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo filosilicatos, e dentro deles pertence ás micas fráxiles. É un hidroxisilicato de calcio e aluminio. Como todas as micas fráxiles, na súa fórmula os ións maioritarios son os de carga dobre (neste caso Ca2+). Rara vez se observan os seus cristais, máis ben ten aspecto de agregado de láminas de cor rosa clara.

Provén do grego margarite, que significa perla, polo seu aspecto. Sinónimos moi pouco usados son: corundelita e emerilita.

Ambiente de formación editar

Aparece en rochas metamórficas, asociado ao metamorfismo rexional, principalmente en lousas cloríticas e micasquistos. Nestas rochas, fórmase como produto de alteración de corindón, andalucita e outros minerais do aluminio.

Minerais normalmente asociados á margarita nestes depósitos de xistos son estaurolita e turmalina. Tamén é común encontrala en depósitos de esmeril.

Localización, extracción e uso editar

Atópanse agregados grandes de cor rosa nos Estados Unidos, así como en depósitos de esmeril de Naxos (Grecia) e Esmirna (Turquía). En España encóntranse na serra de Guadarrama.

Non se utiliza industrialmente, só ten interese científico e colecnionístico.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar