Margaret E. Knight

Margaret E. Knight, nada en York, Maine, o 14 de febreiro de 1838 e finada o 12 de outubro de 1914, foi unha inventora estadounidense.[1][2]

Margaret E. Knight
Nacemento14 de febreiro de 1838
Lugar de nacementoYork
Falecemento12 de outubro de 1914
Lugar de falecementoFramingham
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterfab lab
Ocupacióninventora e emprendedora
PremiosSalón da Fama dos Inventores Nacionais
Na rede
WikiTree: Knight-7661
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Creou uns 90 inventos e 26 patentes, incluída unha máquina para fabricar bolsas de papel. Por este motivo foi chamada a 'raíña das bolsas de papel'. O seu primeiro invento patentouno á idade de 30 anos, aínda que se lle coñecen trebellos caseiros xa na súa xuventude, incluídos xoguetes para os seus irmáns. É considerada a 'Edison' feminina',[3] abarcando o seu campo de invencións temas relacionados coa vestimenta, motores, prevención de accidentes nas fábricas, calzado, e outros.

A historia da 'raíña' é sinxela: despois comezar a traballar dende nena nunha fábrica de algodón, inventou o aparello para pregar, pegar e facer fondos cadrados para as bolsas, que anteriormente parecíanse ós sobres actuais, cun baixo aproveitamento do espazo interior. Fixo un modelo de madeira, pero necesitaba un en ferro para a patente. Un traballador na compañía que lle facía o modelo en ferro patentou a máquina e ella tivo que loitar legalmente ata consguir a patente en 1870. Ese mesmo ano fundou a súa propia e exitosa compañía, asociada cun home de negocios. A máquina orixinal inventada por ela para as bolsas está no Museo Smithsoniano en Washington.

Notas editar

  1. "NIHF Inductee Margaret Knight Invented the Paper Bag Making Machine". www.invent.org (en inglés). Consultado o 2021-05-11. 
  2. Inventors and Inventions (en inglés). Marshall Cavendish. 2008. ISBN 978-0-7614-7767-9. 
  3. Dice, Luis Mario (2013-01-07). "¿ Quién inventó las bolsas de papel ?". El blog de Bolsalea 😍 (en castelán). Consultado o 2021-05-11. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.
  • Palacios, Mercedes (2020). Visionarias. Inventoras desconocidas. Ed. Bridge. ISBN: 9788416670888.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • Margaret Ellen Knight (1838-1914) no blog Mujeres con ciencia