Mare Australe ("mar austral") (38,9° S ; 93,0° E) é un mar lunar localizado ao sueste da Lúa. Ten 603 km de diámetro. A conca austral formouse no período Pre-Nectárico e o material interno no Ímbrico Superior.

Mare Australe

A diferenza da maioría dos mares lunares, Mare Australe ten unha superficie irregular que se caracteriza por unha serie de impactos de cráteres. Exemplos destes son os cráteres Jenner e Lamb cheos de lava basáltica.

Vista do norte do Mare Australe na Lúa.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar