Marcos Blanco Jorge

político español

Marcos Blanco Jorge, nado en Ribadavia en 1970, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Marcos Blanco Jorge
Nacemento1970
Lugar de nacementoRibadavia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou Ciencias Políticas, aínda que non rematou a carreira. Exerceu como comerciante. Foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Ribadavia nas municipais de 1999. Nas municipais de 2003 encabezou a candidatura socialista e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co BNG. Nas municipais de 2007 gañou as eleccións con 6 escanos dos 13 cos que conta a capital do Ribeiro, polo que foi reelixido alcalde e mantivo o goberno de coalición cos nacionalistas, sendo o primeiro rexedor de Ribadavia en revalidala alcaldía tras unhas eleccións. Nas municipais de 2011 repetiu os mesmos resultados, polo que volveu a ser elixido alcalde, pero nesta ocasión non alcanzou un goberno de coalición co BNG e pasou a gobernar en minoría[1]. Non se presentou á reelección nas municipais de 2015[2], sendo substituído como candidato socialista e, finalmente, como alcalde por Ignacio Gómez. Tras 12 anos foi o alcalde que ostentou durante máis tempo o cargo na vila. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 foi candidato número 4 dos socialistas por Ourense sen resultar elixido.


Predecesor:
José Pérez Iglesias
  
Alcalde de Ribadavia
 
2003 - 2015
Sucesor:
Ignacio Gómez Pérez

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar