Marco alemán †
Deutsche Mark en alemán
Código:DEM
Ámbito:Alemaña Alemaña
Montenegro (1999–2002)
Kosovo (1999–2002)
Símbolo:DM ou D-Mark
Fracción:100 pfennig
Moedas:1, 2, 5, 10, 50 pfennig 1, 2, 5 DEM
Billetes:5, 10, 20, 50, 100, 200, 500, 1.000 DEM
Emisor:Deutsche Bundesbank
Taxa de troco:
fixa
1 EUR = 1,95583 DEM
Oficial até o 28-02-2002

O Marco Alemán (en alemán: Deutsche Mark) foi a moeda oficial da República Federal de Alemaña desde 1948 ara a reunificación no 1990 e moeda oficial de Alemaña desde entón ata a introdución do euro en 1999. As moedas continuaron en circulación ara o 2002 co valor de 1,95583 marcos.

Historia editar

 
Moeda de ouro de 1 DM
 
Billete de 500 marcos de 1965

Antes de 1871 editar

O marco foi a unidade monetaria desde a primeira Unificación Alemá en 1871. Antes desta data, cada estado alemán emitía distintas moedas, moitas das cales estaban ligadas ó thaler de prata, que contiña 16⅔ gramos de prata pura. Aínda que o marco tiña unha base de ouro máis que en prata, creouse unha taxa de cambio entre o thaler e o marco á razón de 3 marcos por thaler.

1873-1948 editar

O primeiro marco, coñecido como marco de ouro, introduciuse no 1873. Co estoupido da primeira guerra mundial o marco abandonou a súa base de ouro. A moeda comezou a ser coñecida como Papiermark, sobre todo cando a elevadísima inflación fixo necesaria a creación de cartos de papel. O Papiermark foi substituído polo Retenmark a finais de 1923 e o Reichsmark en 1924.

Reforma monetaria de xuño de 1948 editar

As tropas aliadas introduciron o marco alemán o 21 de xuño de 1948. Os antigos Retenmark e Reichsmark foron cambiados a unha nova divisa da razón de 1 RM = 1 DM como unha divisa esencial para o pagamento de salarios, rendas etc e unha taxa de 1 DM = 10 RM para o resto de créditos non depositados en bancos públicos. Se cambiaron grandes cantidades de billetes de 10 RM a 65 pfennig. Ademais, cada persoa recibía un subsidio de 65 DM en dúas partes. Coa introdución da nova divisa, tratouse de protexer á Alemaña Occidental dunha segunda hiperinflación e para deter o crecente mercado negro de cambio, no que incluso os cigarros americanos eran empregados como moeda de cambio. Aínda que a nova moeda só se distribuíu entre as tres zonas ocupadas polos aliados fóra de Berlín, o cambio non contentou as autoridades soviéticas, que o viron como unha ameaza. Rapidamente os soviéticos cortaron todas as comunicacións por estrada, tren e canles entre as zonas occidentais e Berlín occidental, comezando así o Bloqueo de Berlín. Como resposta, Estados Unidos tamén distribuíu a nova moeda en Berlín occidental.

Reforma monetaria na zona ocupada pola URSS editar

Na zona ocupada pola Unión Soviética, que máis tarde conformaría a República Democrática Alemá, introduciuse o Marco da RDA uns días despois empregando selos especiais nos antigos Retenmark e Reichsmark e así evitar a entrada de billetes desde o oeste. En xullo de 1948 imprimiuse unha nova serie de marcos na Alemaña do Leste.

Bank deutscher Länder e Deutsche Bundesbank editar

A finais do 1948, o Bank deutscher Länder (Banco dos Estados alemáns) asumiu a responsabilidade de emitir moeda, seguida en 1957 polo Deutsche Bundesbank. O marco alemán gañou moita reputación como divisa de reserva ó tempo que outras divisas estranxeiras sucumbían ós períodos de inflación. Chegou a ser unha fonte de orgullo nacional, e a base da prosperidade económica do país, particularmente durante os anos do milagre económico alemán na década de 1950. Nos anos 1990, as enquisas públicas mostraron unha gran maioría de persoas que se opoñían a adopción do euro, e incluso hoxe en día, mostran un significante número de persoas que preferirían volver ó marco.

Unión monetaria con Saarland editar

A poboación do protectorado de Sarre decidiu por referendo unirse á República Federal Alemá. Así pois a incorporación de Sarre á RFA foi estipulada pólos alemáns e franceses para o 1 de xaneiro de 1957. O novo estado incorporado a Alemaña mantivo a súa moeda, o franco de Sarre, ligado ó franco francés. O 9 de xullo de 1959, o marco alemán substituíu o franco cunha taxa de cambio de 100 francos = 0,8507 DM.

O papel do marco na Reunificación alemá editar

O marco alemán xogou un importante papel na Reunificación do país. Introduciuse como moeda oficial de Alemaña oriental en xullo de 1990, substituíndo así o Marco da RDA preparándose para unha completa unificación o 3 de outubro de 1990. Os marcos da RDA cambiáronse cunha taxa de 1 a 1 para os primeiros 4000 marcos e 2 RDA a 1 DM para cantidades superiores. Antes da Reunificación, cada cidadán da República Democrática que se trasladaba á República Federal, recibía un Begrüßungsgeld, unha axuda de 100 DM en metálico por persoa.

Estabilidade do marco alemán editar

O marco alemán tivo unha reputación como unha das moedas máis estables do mundo, debido á política monetaria na que se baseaba o Bundesbank. A política era dura en comparación coa doutros bancos centrais europeos, que se desenvolvía segundo a inflación e a intervención do goberno central. Esta política é a fundadora da actual política do Banco Central Europeo con relación ó Euro. A estabilidade foi aparente en 1993, cando unha especulación do franco francés e outras divisas europeas causaron un cambio no mecanismo de tipos de cambio europeo.

Moedas editar

Denominación Período de circulación Metal Diámetro (mm.) Peso (gr.) Anverso Reverso Imaxe 1 Pfennig 1948-1949 Cobre depositado en aceiro 16,50 2,00 Rama de carballo (Quercus robur) Valor facial entre espigas de trigo   1950-2001   2 Pfennig 1950-2001 Bronce (ata 1968), Cobre depositado en aceiro 19,25 3,25 Rama de carballo (Quercus robur) Valor facial entre espigas de trigo   5 Pfennig 1948-1949 Latón depositado en aceiro 18,50 3,00 Rama de carballo (Quercus robur) Valor facial entre espigas de trigo   1950-2001   10 Pfennig 1948-1949 Latón depositado en aceiro 21,50 4,00 Rama de carballo (Quercus robur) Valor facial entre espigas de trigo   1950-2001   50 Pfennig 1948-1949 Cuproníquel 20,00 3,50 Muller sementando carballos Valor facial   1950-2001   1 Marco 1950-2001 Cuproníquel 23,50 5,50 Escudo de armas alemán (Bundesadler) Valor facial entre dúas follas de carballo   2 Marcos 1951 Cuproníquel (ata 1969), Cuproníquel depositado en níquel 25,50 7,00 Escudo de armas alemán (Bundesadler) Valor facial  entre dúas espigas de trigo e acios de uvas   1957-1971 27,00 7,00 Retrato de Max Planck Valor facial e escudo de armas alemán (Bundesadler)   Retrato de Konrad Adenauer   Retrato de Theodor Heuss   Retrato de Kurt Schumacher   1969-2001 Retrato de Ludwig Erhard   Retrato de Franz Josef Strauss   Retrato de Willy Brandt   5 Marcos

1951-1975

Prata (ata 1975), Cuproníquel depositado en níquel 29,00 11,20 Escudo de armas alemán (Bundesadler) Valor facial  

1975-2001 10,00  

Billetes editar

Series de 1989-2001
Denominación Efixe Cor predominante Dimensións Imaxe do anverso Imaxe do reverso
5 Marcos Bettina von Arnim Verde 62 x 122 mm    
10 Marcos Carl Friedrich Gauss Violeta 65 x 130 mm    
20 Marcos Annette von Droste-Hülshoff Turquesa 68 x 138 mm    
50 Marcos Johann Balthasar Neumann Amarillo 71 x 146 mm    
100 Marcos Clara Schumann Azul 74 x 154 mm    
200 Marcos Paul Ehrlich Vermello 77 x 162 mm    
500 Marcos Anna Maria Sibylla Merian Rosa 80 x 170 mm    
1.000 Marcos Irmáns Grimm Marrón 83 x 178 mm    

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar