Marcial Souto

escritor arxentino
(Redirección desde «Marcial Souto Tizón»)

Marcial Souto Tizón, nado na Coruña en 1947, é un escritor, tradutor e director de revistas e coleccións literarias galego. Traballou na Arxentina, España e o Uruguai.

Infotaula de personaMarcial Souto
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , escritor de ciencia ficción , tradutor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1969, mentres vivía no Uruguai, foi recomendado polo humorista gráfico Pancho Graells para dirixir a colección literaria xuvenil Literatura Diferente, da editorial Tierra Nueva. O primeiro libro que editou foi La ciudad de Mario Levrero[1], ao que lle presentara o propio Graells[2].

Na década de 1970 viviu en Buenos Aires con Jaime Poniachik. En 1975 propuxéronlle a Andrés Cascioli a creación dunha revista de contos e artigos, pero o proxecto non saíu adiante por mor do rodrigazo. Entre outubro de 1976 e marzo de 1977 encargouse de La revista de ciencia ficción y fantasía, da que se editaron tres números. En 1977 fundou Ediciones Entropía, pero só editou dous libros e un número da revista homónima. En 1979 intentou retomar o proxecto xunto a Andrés Cascioli. Despois de dous números como suplemento da revista Humor Registrado, fixéronse catro números de El Péndulo, que deixou de ser editada polos altos custos de produción. A revista apareceu de novo en dúas épocas na década de 1980, grazas ao éxito comercial de Ediciones de la Urraca con Humor. Saíron quince números máis, e dúas revista-libro xa na década de 1990. Entre as dúas épocas de El Péndulo editou unha nova versión da revista Minotauro, cun perfil comercial máis baixo, ao distribuírse en librerías en vez de en quioscos.

O seu primeiro libro foi Para bajar a un pozo de estrellas (Editorial Sudamericana, 1983). En 1985 compilou unha antoloxía para a editorial Eudeba, La ciencia ficción en la Argentina. En 1988 seleccionou material para coleccións de Punto sur editores, onde publicou novamente a Levrero e o seu segundo libro de relatos, Trama de pesadillas.

Actualmente vive en España, onde dirixiu a colección Mundos Imaginarios de Plaza y Janés[3].

Iniciouse como tradutor ao publicar a autores estranxeiros.[4].

Notas editar

  1. "Una modesta aventura"[Ligazón morta], artigo en El País, 11 de agosto de 2006 (en castelán).
  2. Entrevista a Mario Levrero Arquivado 08 de setembro de 2010 en Wayback Machine. en La idea fija (en castelán).
  3. Marcial Souto en Enciclopedia Axxon (en castelán).
  4. Traducións Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. de Tercera fundación (en castelán).