A marcha nórdica[1][2] é un deporte do ámbito do “Fitness” que gañou popularidade en Europa a inicios do século XXI e que consiste en camiñar por calquera tipo de terreo coa axuda de dous bastóns similares aos que se empregan no esquí.[3] Orixinalmente practicábase nos países nórdicos, especialmente en Finlandia, como unha forma de manter os esquiadores adestrando durante a estación quente. Comprobouse que esta modalidade presenta vantaxes sobre a andaina tradicional. O uso de bastóns libera parte do esforzo dos membros inferiores que portan os membros superiores, exercendo así unha maior porcentaxe da musculatura ao camiñar, especialmente o tronco e os membros superiores. O gasto calórico global é preto dun 40% superior ao de camiñar, sendo apto para persoas con problemas nas articulacións dos xeonllos e cadeiras.

Practicantes de marcha nórdica en Ilkley, West Yorkshire.

Notas editar

  1. "Marcha nórdica". bernal.cirp.gal. Consultado o 2021-12-07. 
  2. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2021-12-07. 
  3. "KOULUTUSAINEISTOA MAURI REPO : SEURAVALMENTAJAN PERUSTIEDOT HIIHDON LAJIOSA" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2014-01-01. Consultado o 28 de decembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar