Marc Gasol

baloncestista español

Marc Gasol Sáez, nado en Barcelona o 29 de xaneiro de 1985, é un xogador catalán de baloncesto profesional que xoga no Bàsquet Girona da Liga ACB. Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2007, na 48ª posición, polos Los Angeles Lakers. É o segundo español en vencer o título da NBA tras o seu irmán máis vello Pau Gasol.

Marc Gasol
Bàsquet Girona  – No. 33
Información persoal
Nacemento 29 de xaneiro de 1985 (39 anos)
España Barcelona, España
Altura 2,16 m (7 ft 1in)
Peso oficial 116 kg (255 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Instituto Lausanne Collegiate (Tennessee)
NBA Draft 2007 / Rolda: 2 / Elección: 48
Por Los Angeles Lakers
Carreira 2003−presente
Historial de equipos
FC Barcelona (2003–2006)
Girona (2006–2008)
Memphis Grizzlies (2008–2019)
Toronto Raptors (2019–2020)
Los Angeles Lakers (2020–2021)
Bàsquet Girona (2021–presente)
Premios e galardóns
1× Anel da NBA (Tempada 2018-2019)
NBA All-Star (2012, 2015)
1× Mellor defensor da NBA (2013)
1º equipo All-NBA (2015)
2º equipo All-NBA (2013)
2º equipo Rookie NBA (2009
Campión ACB (2004)
MVP da ACB (2008)

Traxectoria profesional editar

Tras a súa graduación en Laussane, Gasol volveu a España para xogar na Liga ACB. Xogou no FC Barcelona antes de fichar polo Akasvayu Girona, onde xogou dúas tempadas e foi nomeado MVP da liga en 2008.

Gasol foi elixido na 48ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Los Angeles Lakers. O 1 de febreiro de 2008, os seus dereitos foron traspasados aos Memphis Grizzlies, como parte do traspaso do seu irmán máis vello, Pau, aos Lakers. O 23 de xuño de 2008, asinou o seu contrato cos Grizzlies.[1] Ao remate da tempada 2010-11 será un axente libre non restrinxido.

Gasol comezou a súa tempada coma rookie con éxito, anotando 10 ou máis puntos en 10 partidos seguidos, con 49 de 84 tiros, en outubro de 2008.[2]

Gasol conseguiu bater a marca da franquía dun rookie con maior porcentaxe de tiros campo ao remate da tempada, cun 53%. A marca anterior a tiña o seu irmán Pau, cun 51.8% de tiros de campo na súa tempada coma rookie.[3]

Na tempada 2011-12, foi elixido por primeira vez para disputar o All-Star Game da NBA.[4]

O 7 de febreiro de 2019, Gasol foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de C. J. Miles, Jonas Valančiūnas, Delon Wright e unha elección da segunda rolda do Draft.[5] Ese mesmo ano conseguiu ser o terceiro español en disputar unha final da NBA tras o seu irmán máis vello, Pau Gasol, e José Manuel Calderón; e o segundo en gañar o título.

O 24 de novembro de 2020, Gasol asinou cos Los Angeles Lakers.[6]

Selección española editar

Cadro de medallas
Baloncesto
  España
Xogos Olímpicos
Prata Pequín 2008 España
Prata Londres 2012 España
Campionato do Mundo da FIBA
Ouro Xapón 2006 España
Ouro China 2019 España
EuroBasket
Prata España 2007 España
Ouro Polonia 2009 España
Ouro Lituania 2011 España
Bronce Eslovenia 2013 España

Gasol foi parte da selección española de baloncesto que gañou a medalla de ouro do Campionato do Mundo da FIBA no ano 2006, sendo a súa primeira experiencia coa selección absoluta nun torneo oficial. Tamén foi parte da selección española en catro europeos consecutivos gañando catro medallas: medalla de prata no Eurobasket 2007 en España, a medalla de ouro no Eurobasket 2009 en Polonia e en Lituania 2011, e por último en Eslovenia 2013 un bronce ademais de ser incluído no quinteto ideal do torneo. Por outra banda, participou en dous Xogos Olímpicos: Pequín 2008 e Londres 2012, no que conseguiu a prata contra os Estados Unidos en ambos. A súa última participación co combinado nacional foi no Mundial da China do 2019 conseguindo un ouro mundial contra a Arxentina, sendo incluído xunto Ricky Rubio no quintento ideal.

É un dos seis xogadores que gañou un torneo mundial (Mundial ou Olimpiadas) máis o campionato da NBA nun mesmo ano.

Galardóns editar

Selección española editar

  • Campionato do Mundo da FIBA 2006: Medalla de ouro
  • Eurobasket 2007 (España): Medalla de prata
  • Xogos Olímpicos de 2008 (Pequín): Medalla de prata
  • EuroBasket 2009 (Polonia): Medalla de ouro
  • EuroBasket 2011 (Lituania): Medalla de ouro
  • Eurobasket 2013 (Eslovenia): Medalla bronce
  • Eurobasket 2017 (Romanía, Finlandia, Turquía): Medalla bronce
  • Campionato do Mundo da FIBA 2019: Medalla de ouro

Notas editar

  1. "Grizzlies sign Gasol.". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2010. Consultado o 04 de xuño de 2011. 
  2. Marc Gasol Game Log - 2008-09.
  3. ESPN.com recap.
  4. "2012 All-Star Player Profiles: Marc Gasol". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 13 de febreiro de 2012. 
  5. "Raptors Acquire Gasol From Grizzlies". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  6. Lakers sign Marc Gasol

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar