Coordenadas: 8°N 120°L / 8, 120

O mar de Sulu é unha parte do océano Pacífico[2] limitada a nordeste polas illas Visayas, a leste e sueste polas de Mindanao, a suroeste pola costa norte de Borneo, onde se encontra o estado malaio de Sabah, e ao noroeste pola illa Palawan. É compartido por Malaisia e Filipinas.

Mar de Sulu
Laut Sulú
Localización administrativa
Estado Malaisia
Filipinas
DivisiónEstado de Sabah (MAL)
Rexiónes de Mimaro (IV-B), Visayas Centrais (VII), Visayas Occidentais (VI), Península de Zamboanga (IX) e Mindanao Musulmán (FIL)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Pacífico
ContinenteSueste Asiático
ArquipélagoArquipélago Malaio
Illa/sBorneo, Palawan, illas Visayas, Mindanao e arquipélago de Sulu
Xeografía
Mares contiguosMar da China Meridional, mar de Visayas, mar de Tayabas, mar de Bohol e mar de Célebes
Características
Superficie420 000 km²[1]
Profundiade máxima7 022 m
Outros datos
Áreas protexidasParque Mariño Nacional Tubbataha Reef
Mapa

Localización do mar de Sulu, entre as illlas Visayas, as illas Mindanao, Borneo e Palawan.

Localización do mar de Sulu.
O Mar de Sulu, entre Malaisia e Filipinas

Xeografía editar

O mar de Sulu ten como límites:

No mar de Sulu atópanse numerosas illas: as illas de Cuyo e Cagayán de Sulu, que forman parte da provincia de Palawan; Cagayán de Tawi-Tawi e as Turtle Islands (Illas Tartaruga) son parte da provincia de Tawi-Tawi. Neste mar tamén se localiza o Parque Mariño Nacional Tubbataha Reef, que foi declarado Patrimonio da Humanidade.[5]

 
Vista do mar de Sulu (desde Palawan).

A parte sur deste mar é unha conca profunda, que remonta nunha longa pendente cara á barreira de Palawan. Polo fondo discorre unha cordilleira oceánica que se estende paralela á illa de Palawan e ao arquipélago de Sulu e da que xorden formacións xeolóxicas de atoles oceánicos e plataformas de arrecifes. Os arrecifes presentan un terreo submarino que gradualmente vai inclinándose e con paredes verticais de ata 1000 metros de altura.

Politicamente, a provincia de Sulú consiste en máis de 400 illas dispersas e case deshabitadas, estendéndose desde a península de Zamboanga ata a illa de Borneo. As illas dentro deste mar conforman o arquipélago de Sulu, a parte máis meridional do arquipélago das illas Filipinas, e dividen o mar de Sulu e o mar de Célebes.

As rexións próximas ao mar son abundantes en recursos madeireiros, pero a industria máis importante é a pesqueira, sobre todo a dos cogombros de mar, ademais doutros peixes de todo tipo, perlas e especies de tartarugas mariñas que agora se atopan en perigo de extinción.

Notas editar

  1. Geo-data: The World Geographical Encyclopedia / John F. McCoy, project editor.-- 3ª ed., Thomson Gale, 2002, pag. 615. ISBN 0-7876-5581-3.
  2. "Mar de Sulú". MSN Encarta. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2008. Consultado o 30 de marzo de 2008. 
  3. "Mar Amarillo, Mar de China Oriental, Mar de China Meridional". Lighthouse Foundation. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2008. 
  4. "Mar de Célebes". MSN Encarta. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2008. Consultado o 30 de marzo de 2008. 
  5. "Tubbataha Reef Marine Park" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 30 de marzo de 2008. 

Véxase tamén editar