Mar de Savu
mar
O mar de Savu (en indonesio, Laut Sawu) é un pequeno mar do océano Índico localizado no interior do arquipélago indonesio, nomeado así pola illa de Savu (Sawu), cuxas augas pertencen a Indonesia e Timor Leste.
Mar de Savu | |
---|---|
Laut Sawu | |
Localización administrativa | |
Estado | Indonesia, Timor Leste |
División | Provincia de Nusatenggara Oriental Distritos de Oecussi-Ambeno, Bobonaro, Liquiçá e Dili |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Índico |
Continente | Oceanía |
Illa/s | Flores, Lembata, Timor, Roti, Savu e Sumba |
Coordenadas | 9°32′23″S 122°00′12″L / -9.53972, -122.00333 |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Flores, mar de Banda e mar de Timor |
Accidentes | |
Estreitos | Estreito de Sumba e estreito de Ombai |
Características | |
Lonxitude máxima | 600 km (E-O) |
Anchura máxima | 200 km (N-S) |
Profundiade máxima | 3.500 m. |
Mapa | |
Mapa da rexión de mar de savu | |
Xeografía editar
Os seus límites son:
- ao norte, as illas de Flores, Lembata e o arquipélago de Alor;
- ao sur, polas illas de Rai Jua, Savu, Roti e Semau o océano Índico e o mar de Timor;
- ao sueste, a illa de Sumba e o estreito de Sumba, que o conecta co mar de Flores;
- ao suroeste, a illa de Timor e o estreito de Ombai, que o conecta co mar de Banda.
O mar de Savu ten unha profundidade máxima duns 3.500 m. Esténdese ao redor de 600 km de oeste a leste, e 200 km de norte a sur. A cidade máis grande no litoral do mar é Kupang, capital da provincia de Nusa Tenggara Oriental na illa de Timor, cunha poboación de máis de 450.000 habitantes.
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Savu |