Mar de Irlanda

mar que separa as illas de Irlanda e Gran Bretaña

O Mar de Irlanda (irlandés: Muir Éireann / An Mhuir Mheann,[1] manx: Y Keayn Yernagh,[2] scots: Erse Sea, escocés: Muir Èireann,[3] Ulster-Scots: Airish Sea, galés: Môr Iwerddon) separa as illas de Irlanda e de Gran Bretaña, conecta co océano Atlántico polo sur a través do Canal de San Xurxo, entre Irlanda e Gales; e polo norte a través do Canle do Norte, entre Irlanda e Escocia. A Illa de Man atópase situada no centro deste mar.

Mar de Irlanda
Irish Sea - Môr Iwerddon - Mhuir Éireann
Localización administrativa
EstadoIrlanda Irlanda
Reino Unido Reino Unido
DivisiónProvincia de Leinster (IRL)
Irlanda do Norte Irlanda do Norte (RU)
Escocia Escocia (RU) (Strathclyde, Hébridas Exteriores, Dumfries and Galloway)
Inglaterra Inglaterra (RU) (Noroeste de Inglaterra)
Gales Gales (RU)
Man Illa de Man (RU)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
Xeografía
Mares contiguosMar Céltico
SubdivisiónsCondados irlandeses de Louth, Meath Dublín, Wicklow, Wexford, Kilkenny e Waterford
Condados norteirlandeses de Antrim e Down
Condados ingleses de Cheshire, Cumbria, Lancashire, Merseyside
Condado escocés de Dumfries and Galloway
Condados galeses de Anglesey, Gwynedd, Ceredigion e Pembrokeshire
Dependencia da Coroa británica da Illa de Man
Illas interioresAnglesey (714 km²) e illa de Man (572 km²)
Cidades ribeiregasDundalk, Drogheda, Dublín, Dun Laoghaire-Rathdown, Rosslare e Wexford (IRL)
Larne, Warrenpoint, Belfast (Irl. do Norte) (RU)
Cairnryan, Stranraer (Escocia) (RU)
Fleetwood, Blackpool, Liverpool, Birkenhead (Inglaterra) (RU)
Holyhead, Fishguard e Pembroke (Gales) (RU)
Douglas (Illa de Man) (RU)
Accidentes
Golfos e baíasBaías de Dundrum, Dundalk e Carlingford Lough (IRL)
Baías de Luce, Wigtown, Morecambe, Caernarnfon e Cardigan e Solway Firth (RU)
CabosPunta Ballyquintin e punta Carnsore (IRL)
Mull of Galloway e St. David Head (RU)
EstreitosCanal de San Xurxo (o sur, co mar de Irlanda) e canle do Norte (norte, co océano Atlántico)
Características
Superficie46.007
Lonxitude máxima310
Anchura máxima38-42
Profundiade máxima262 m.
Capacidade2.800 km³
Outros datos
Áreas protexidas (RU)Parque nacional Snowdonia
Parque nacional da Costa de Pembrokeshire
Parque nacional do Lake District
Mapa

Localización do mar de Irlanda.

Mapa batimétrico: marcas vermellas: portos de transbordadormarcas e nomes azuis: portos de cargueirosbandas rosas: límites oficiais do mar de Irlanda

Anglesey, no País de Gales, é a maior illa no mar de Irlanda. a segunda en tamaño é a illa de Man e o mar pode ser ocasionalmente, pero raramente, chamado "Mar de Manx" (irlandés: Muir Meann,[4] manx: Mooir Vannin, escocés: Muir Mhanainn).[5][6][7] O mar de Irlanda ten unha importancia económica significativa para o comercio rexional, transporte marítimo, pesca e xeración de enerxía en forma de enerxía eólica e centrais nucleares. O tráfico anual entre Gran Bretaña e Irlanda corresponde a máis de 12 millóns de pasaxeiros e 17 millóns de toneladas de bens mercantís.

Topografía editar

O Mar de Irlanda está conectado ao Atlántico Norte nos extremos norte e sur. Ao norte, a conexión é a través do Canle do Norte entre Escocia e Irlanda do Norte e o Mar de Malin. O extremo sur está conectado ao Atlántico a través da Canle de San Xurxo entre Irlanda e Pembrokeshire e o Mar Celta. Está composto por unha profunda canle de 310 km. de longo e 32–48 km. de ancho no seu lado occidental e baías máis baixas cara ao leste. A profundidade da canle occidental varía de 80 m. ata 275 m. no Beaufort's Dyke na canle norte.

A Baía de Cardigan no sur e as augas ao leste da Illa de Man teñen menos de 50 m. de profundidade. Cun volume de auga total de 2430 km³ e unha superficie de 47.000 km², o 80% está ao oeste da illa de Man. Os bancos de area máis grandes son os bancos Bahama e King William ao leste e ao norte da Illa de Man e ao Banco Kish, Codling Bank, Arklow Bank e Blackwater Bank preto da costa de Irlanda. O mar de Irlanda, no seu maior ancho, ten 190 km e se estreita ata 76 km..[8]

A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar de Irlanda (coa Canle de San Xurxo) como segue,

No norte. O límite sur dos Mares interiores da costa oeste de Escocia, definido como unha liña que une o extremo sur do Mull of Galloway (54° 38'N) en Escocia e Ballyquintin Point (54° 20'N) en Irlanda.
No sur. Unha liña que se une a St. David's Head en País de Gales (51°54′N 5°19′O / 51.900, -5.317) a Carnsore Point en Irlanda (52°10′N 6°22′O / 52.167, -6.367).[9]

O mar de Irlanda experimentou unha serie de cambios dramáticos nos últimos 20.000 anos cando finalizou o último período glacial e foi substituído por condicións máis cálidas. No alto da glaciación, a parte central do mar moderno era probablemente un lago de auga doce. A medida que retirouse o xeo fai 10.000 anos, o lago volveuse a conectar ao mar.

Cidades e vilas editar

lista de cidades e vilas ao redor das costas do Mar de Irlanda en orde de tamaño:

Ranq Cidade/vila Condado Rexión/provincia Poboación País
1 Dublín Condado de Dublín Leinster 1.173.179 República de Irlanda
2 Liverpool Merseyside Noroeste 864.122 Inglaterra
3 Belfast Condado de Antrim Ulster 847.153 Irlanda do Norte
4 Blackpool Lancashire Noroeste 142.065 Inglaterra
5 Southport Merseyside Noroeste 90.381 Inglaterra
6 Birkenhead Merseyside Noroeste 88.818 Inglaterra
7 Bangor Condado de Down Ulster 61.011 Irlanda do Norte
8 Wallasey Merseyside Noroeste 60.284 Inglaterra
9 Barrow-in-Furness Cumbria Noroeste 56,745 Inglaterra
10 Crosby Merseyside Noroeste 51.789 Inglaterra
11 Lytham St Annes Lancashire Noroeste 42.954 Inglaterra
12 Drogheda Condado de Louth Leinster 40.956 República de Irlanda
13 Dundalk Condado de Louth Leinster 39.004 República de Irlanda
14 Morecambe Lancashire Noroeste 34.768 England
15 Bray Condado de Wicklow Leinster 32.600 República de Irlanda
16 Colwyn Bay Conwy Clwyd 31.353 Gales
17 Thornton-Cleveleys Lancashire Noroeste 31.157 Inglaterra
18 Douglas - Illa de Man 27.938 Illa de Man
19 Carrickfergus Condado de Antrim Ulster 27.903 Irlanda do Norte
20 Dún Laoghaire Dún Laoghaire–Rathdown Leinster 26.525 República de Irlanda
21 Fleetwood Lancashire Noroeste 25.939 Inglaterra
22 Workington Cumbria Noroeste 25.207 Inglaterra
23 Rhyl Denbighshire Clwyd 25.149 Gales
24 Whitehaven Cumbria Noroeste 23.986 Inglaterra
25 Llandudno Conwy Clwyd 20.701 Gales
26 Wexford Condado de Wexford Leinster 20.188 República de Irlanda
27 Larne Condado de Antrim Ulster 18.775 Irlanda do Norte
28 Arklow Condado de Wicklow Leinster 14.353 República de Irlanda
29 Aberystwyth Ceredigion Dyfed 13.040 Gales
30 Holyhead Illa Holy Anglesey 11.431 Gales

Illas editar

  • Lista do mar de Irlanda que teñen polo menos un quilómetro cadrado de superficie ou que teñen unha poboación permanente.
  • Anglesey e Illa Holy están incluídos por separado.
Nome Superficie (km²) Ranq (area) Poboación[10] Ranq (pob.) País
Anglesey 675 01 56.092 02 Gales
Illa de Man[11] 572 02 84.497 01 Illa de Man
Illa Holy 39 03 13.579 03 Gales
Illa Walney[12] 13 04 11.388 04 Inglaterra
Illa Lambay 5´54 05 <10 08 República de Irlanda
Illa Bull 3 06 <20 07 República de Irlanda
Illa Ramsey 2´58 07 0 - Gales
Illa Bardsey 1´79 09 <5 10 Gales
Calf of Man 2´50 08 0 - Illa de Man
Illa Barrow Descoñecida - 2.616 05 Inglaterra
Illa Roa Descoñecida - 100 06 Inglaterra
Ynys Gaint Descoñecida - <10 08 Gales
Illa Piel 0´20 - <5 10 Inglaterra
Ynys Castell Descoñecida - <5 10 Gales
Ynys Gored Goch 0´004 - <5 10 Gales

Notas editar

  1. "Muir Éireann". téarma.ie – Dictionary of Irish Terms. Foras na Gaeilge and Dublin City University. Consultado o 18 Nov 2016. 
  2. "Ellan Vannin" (en manx). Centre for Manx Studies ("Laare-Studeyrys Manninagh"). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2011. Consultado o 8 de xullo de 2011. 
  3. Cambridge Medieval Celtic Studies, Issues 33–35 University of Cambridge (Gran Bretaña). Department of Anglo-Saxon, Norse and Celtic 1997
  4. "Electronic Dictionary of the Irish Language". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  5. Bannerman, David Armitage (1963). The Birds of the British Isles: Volume 12. Edinburgh: Oliver and Boyd. p. 84. 
  6. "The Caledonian". The Caledonian (New York: Caledonian Publishing Co.) 4: 25. 1903. 
  7. "Irish Sea Facts". Irish Sea Conservation. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 3 de xullo de 2011. 
  8. M J Howarth. "Hydrography of the Irish Sea" (PDF). United Kingdom Department of Trade and Industry. Consultado o 2 de febreiro de 2015. 
  9. "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition + corrections" (PDF). International Hydrographic Organization. 1971. p. 42 [corrections to page 12]. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010. 
  10. As cifras de poboación son do censo de 2001, agás a illa de Man, de 2006..
    As poboacións das illas menores estimouse en 5 por casa habitada
  11. Isle of Man Census 2006 Arquivado 17 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. (excluding the population of 2 living on the Calf of Man)
  12. National Statistics – Walney North (Ward) Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. and Walney South (Ward) Arquivado 15 de setembro de 2016 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.