Mar Menor

lagoa de auga salgada na rexión de Murcia

O Mar Menor é unha lagoa de auga salgada de España, situada xunto ao mar Mediterráneo, na rexión de Murcia. Os seus especiais características ecolóxicas e naturais fan do Mar Menor unha paraxe natural única e o lago de auga salgada maior de Europa.

Localización da lagoa interior chamada Mar Menor.
Vista por satélite do Mar Menor

Xeografía editar

De forma semicircular, está separado do mar Mediterráneo por unha franxa de area de 22 km de lonxitude e de entre 100 e 1.200 m de anchura, denominada La Manga del Mar Menor. No seu perímetro litoral conta con 73 km de costa, na que se van sucedendo praias de augas transparentes e pouco profundas (a profundidade máxima non é superior a 7 m), e ten 170 km² de superficie.

 
As illas Perdiguera e Mayor

No seu límite inferior de atopa cabo de Palos co seu característico faro. Na súa zona sur atópanse cinco illas ou illotes de orixe volcánica: tres son as chamadas illas maiores: illa Perdiguera, illa Mayor ou do Barón e illa do Ciervo; e dúas illas menores, illa Redonda e illa do Sujeto.

As costas que baña o Mar Menor pertencen aos municipios de San Javier (lugar de Santiago de la Ribera), San Pedro del Pinatar (lugar de Lo Pagán), Los Alcázares e Cartagena (lugares de Los Urrutias, Los Nietos e La Manga).

Convención de Ramsar editar

A lagoa e as súas zonas húmidas periféricas, foron designadas polas Nacións Unidas como Zona Especialmente Protexida de Importancia para o Mediterráneo (Convenio de Barcelona). Trátase da zona húmida RAMSAR número 706.

Espazos protexidos editar

Na súa parte norte atópase o parque natural das Salinas e Arenais de San Pedro del Pinatar.

A paisaxe protexida denominada «Illas e espazos do Mar Menor» comprende as illas e varias áreas ribeiregas e zonas húmidas periféricas próximas, como a praia de la Hita, o saladar de Lo Poyo, a mariña del Carmolí, as salinas de Marchamalo e a praia de la Amoladera, ademais dos cabezos do Carmolí e San Ginés. Así mesmo, dentro da delimitación da Zona húmida Ramsar inclúe parte do Parque Rexional de Calblanque, Monte de las Cenizas e Peña del Águila, en concreto, a «Zona húmida das Salinas de Rasall ou Calblanque».

Especies editar