O mar Balear ou mar Baleárico é un mar litoral do mar Mediterráneo que se atopa fronte á costa oriental da Península Ibérica, entre o arquipélago balear e a costa do Levante.

Mar Balear (ou Baleárico)
'Mar Balear'
Localización administrativa
EstadoEspaña España
DivisiónComunidade Valenciana Comunidade Valenciana
Illas Baleares Illas Baleares
Cataluña Cataluña
SubdivisiónProvincias de Alacant, Valencia, Castelló (CVA)
Provincias de Tarragona, Barcelona, Girona (CAT)
Illas Baleares
Localización xeográfica
Océano / MarMar Mediterráneo
ContinenteEuropa
ArquipélagoIllas Baleares
Xeografía
Mares contiguosMar de Sardeña
Illas interioresIllas Baleares e illas Columbretes
AfluentesRío Xúcar (497,5 km), Turia (280 km), Millars (156 km), Ebro (930 km) e Llobregat (170 km)
Cidades ribeiregasXàbia e Dénia (Alacant); Gandia, Cullera, Valencia e Sagunt (Valencia); Castelló de la Plana, Orpesa, Peníscola, Benicarló e Vinaròs (Castelló); Tarragona, Vilanova i la Geltrú, Sitges, Castelldefels, Barcelona e Mataró (Barcelona); Blanes e Palamós (Xirona); e Palma de Mallorca, Ciutadella de Menorca e Eivissa (Baleares)
Accidentes
Golfos e baíasGolfo de Valencia e Golfo de Sant Jordi
Baías de Palma, Alcúdia e Pollença (Baleares).
CabosCabos de San Antonio e La Nau (Alacant); Orpesa (Castelló); Tortosa (Tarragona), Sant Sebastià (Xirona);
Características
Outros datos
Áreas protexidasReserva Natural do Cabo de San Antonio
Parque Natural das Illas Columbretes
Parque Natural do Garraf
Parque Natural da Albufera
Parque Natural da Serra de Irta
Parque Natural do Delta do Ebro
Mapa

Localización do mar Balear

Xeografía editar

O mar Balear esténdese desde o cabo de San Antonio, na provincia de Alacant, ata o cabo de Sant Sebastià, na provincia de Xirona, e desde a illa de Formentera ata o extremo nordeste de Menorca, nas illas Baleares. Inclúe as costas de Valencia, do Azahar, a Costa Daurada e parte da costa Brava. A parte que corresponde á costa valenciana e á do Azahar coñécese como golfo de Valencia.

As principais cidades ribeiregas localizadas neste mar son Barcelona, Valencia e Palma.

Aínda que este mar é un dos mares descritos na lista de mares e océanos da Organización Hidrográfica Internacional (IHO) e aparece en numerosos atlas e publicacións estranxeiros, non é común o seu uso en España, sendo esa sección simplemente chamada de forma xeral como mar Mediterráneo.

Por outra banda, entre os círculos de especialistas internacionais (oceanógrafos, cartógrafos, geógrafos) existe a tendencia considerar o mar Balear como o mar que rodea as illas Baleares, subdividíndoo no mar Catalán -entre a Península Ibérica e as Baleares- e o mar de Sardeña -entre as Baleares e a illa de Sardeña-, sendo este último nome máis usado en Italia. Estas denominacións fanse de acordo ás características xeomorfolóxicas do fondo mariño e as correntes xerais, coñecidas con maior detalle a partir das campañas oceanográficas desenvolvidas nas últimas décadas. No ámbito lingüístico catalán, o mar Balear tamén recibe o nome de mar Catalanobalear.

Accidentes submarinos editar

No mar podemos atopar os seguintes accidentes: Monte Ausiàs March, Monte Émile Baudot, Mont dels Oliva, Morrot de Sa Dragonera, Escarpament de Cabrera, Coll de Formentera, Cubeta de Formentera, Coll D'Eivissa, Coll de Mallorca, Canón de Valldemosca, Escarpament submarí de Tramontana, Mont Bertran, Morrot de Ciutadella, Munt de les Cresques, Mont de Sóller, Mont Rosell e Canón das Pitiusas.

Golfos e baías editar

 
Vista aérea da baía de Pollença, na illa de Mallorca.

Este mar inclúe importantes golfos e baías nas súas costas, ademais de numerosas praias e calas. Os principais golfos localízanse na parte continental, como o golfo de Valencia -entre o cabo da Nave e o cabo de Orpesa- e o golfo de Sant Jordi -entre o cabo de Tortosa e o cantil de Balaguer.

Na illa de Mallorca atópanse tres baías: a baía de Palma ao sur e as baías de Alcúdia e de Pollença ao norte.

Illas editar

As illas que se atopan neste mar son, as anteriormente mentadas Illas Baleares, Formentera, Eivissa, Cabrera, Mallorca, Menorca e unha serie de illotes menores, así como as illas Columbretes, fronte ás costas de Castelló.

Ríos vertentes editar

O principal río que verte as súas augas neste mar é o río Ebro, logo de percorrer 930 km. Outros ríos que desembocan alí son (de sur a norte): o río Xúcar, o río Turia, o río Millars e o río Llobregat.

Transporte marítimo editar

Portos editar

No mar Balear localízanse dous dos principais portos comerciais de España, o porto de Barcelona e o de Valencia, así como moitos portos deportivos e turísticos: os portos de Dénia, Gandia, Sagunt, Orpesa, Peníscola, Benicarló, Vinaròs, Tarragona, Sitges, Mataró, Blanes e Palamós, entre outros.

Nas illas Baleares cabe destacar o porto de carga e deportivo de Palma, así como o da cidade de Eivissa.

Liñas marítimas editar

Entre ambas as partes, a costa peninsular e as Baleares, ofrecen sevizo de transporte numerosas compañías marítimas, por medio de barcos de pasaxeiros e transbordadores.

Delimitación editar

O mar Balear trátase dunha subdivisión da conca occidental do mar Mediterráneo. A Organización Hidrográfica Internacional, máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares a efectos marítimos, na súa publicación de referencia mundial «Limits of oceans and seas», asígnalle o número de identificación 28 (c) e delimítao da forma seguinte:

Entre as illas Baleares e a costa de España, limitado por:
No suroeste,
unha liña que vai do cabo San Antonio (38°30′N 0°07′L / 38.50, 0.12) ao cabo de Berbería, extremo suroccidental de Formentera.

No sueste,

a costa sur de Formentera, de aí unha liña de punta Rotja, extremo oriental, ao extremo sur de Cabrera (39°42′N 2°32′L / 39.7, 2.54) e a Illa do Aire, ao extremo sur de Menorca.

No noroeste,

a costa este de Menorca ata o cabo de Favaritx (40°00′N 4°08′L / 40.0, 4.14) de aí unha liña ata o cabo de San Sebastián (España) (41°32′N 3°06′L / 41.54, 3.10).
Limits of oceans and seas, páx. 16. International Hydrographic Organization

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar