María Tareixa de Austria (1684-1696)

María Tareixa de Austria, nada en Viena, o 22 de agosto de 1684 e finada na mesma cidade o 28 de setembro de 1696, foi arquiduquesa de Austria, filla do emperador Leopoldo I de Austria e da súa terceira esposa Leonor Magdalena de Palatinado-Neoburgo. María Tareixa era irmá dos emperadores Xosé I e Carlos VI e da raíña de Portugal, María Ana de Austria.

María Tareixa de Austria
Arquiduquesa de Austria

Nacemento22 de agosto de 1684
Palacio Imperial de Hofburg, Viena, Austria
Falecemento28 de setembro de 1696
(12 anos)
Palais Ebersdorf, Viena, Austria
Casa realCasa de Habsburgo
ProxenitoresLeopoldo I de Austria
Leonor Magdalena de Palatinado-Neoburgo

Na rede
Find a Grave: 6792997 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

María Tareixa naceu no Palacio Imperial de Hofburg, Viena, o 22 de agosto de 1684 como a cuarta filla e sexto fillo de Leopoldo I de Austria, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, e de Leonor Magdalena de Palatinado-Neoburgo.

Morte editar

Despois de coller varíola, María Tareixa morreu á idade de doce anos no Palais Ebersdorf en Viena. Está enterrada na Cripta Imperial de Viena.

Títulos editar

  • 22 de agosto de 1684 – 28 de setembro de 1696: Súa Alteza Imperial e Real a Princesa Imperial e Arquiduquesa María Tareixa de Austria, Princesa Real de Hungría e Bohemia.

Devanceiros editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar