María Socorro Cea Vázquez

política galega

María Socorro Cea Vázquez, nada en Melide o 1 de abril de 1970, é unha mestra e política galega vinculada ao BNG.

Infotaula de personaMaría Socorro Cea Vázquez
Biografía
Nacemento1 de abril de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Melide, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Melide
2007 – 2009
← Ángeles Vázquez MejutoÁngeles Vázquez Mejuto → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeXosé de Cea

Traxectoria editar

A súa primeira aparición en política foi en 1999 ocupando o posto número cinco da candidatura do BNG de Melide, sen resultar elixida. En 2003 encabezou a candidatura nacionalista e logrou pasou de 2 a 4 concelleiros, reforzándose como alternativa ó goberno do PP. Nese mandato foi designada deputada provincial, durante o cal foi voceira do BNG na Deputación. A finais de 2003 foi elixida membro do Consello Nacional e da Executiva Nacional do BNG, responsabilidades que abandonou a finais de 2006 para dedicarse por completo á política municipal.

Nas eleccións municipais de 2007 preséntase por segunda vez como cabeza de lista do BNG, obtendo seis concelleiros o que fai perder a maioría absoluta ao PP. En xuño de 2007 foi elixida alcaldesa de Melide co apoio do único concelleiro do PSdeG-PSOE, con quen gobernou ata o final da lexislatura. Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que logrou a maioría absoluta. En abril de 2012 renunciou como portavoz e concelleira[1].


Predecesor:
Ángeles Vázquez Mejuto
  
Alcaldesa de Melide
 
2007 - 2011
Sucesor:
Ángeles Vázquez Mejuto

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  1. El pleno da cuenta de la renuncia de Cea y de 4 miembros más del Bloque