Salomé, discípula

discípula de Xesús
(Redirección desde «María Salomé»)


Salomé, tamén chamada Santa Salomé ou Santa María Salomé, foi unha seguidora de Xesús de Nazaret, a quen acompañou na cruz.[1] Posteriormente visitou o seu sartego baleiro.[1] Segundo a interpretación tradicional cristiá, sería a nai dos apóstolos Santiago o Maior e San Xoán Evanxelista e, polo tanto, tamén a esposa do Cebedeo.[1]

Infotaula de personaSanta María Salomé
Biografía
Nacementoséculo I Editar o valor em Wikidata
Morteséculo I Editar o valor em Wikidata
Apóstolo
Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa24 de abril
3 de agosto Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCebedeo
FillosSantiago o Maior, Xoán o Apóstolo Editar o valor em Wikidata
IrmánsSanta María e María de Cleofás Editar o valor em Wikidata

É considerada santa pola Igrexa católica, que celebra a súa festa o 22 de outubro. En Santiago de Compostela existe talvez a única igrexa parroquial dedicada á súa persoa: a Igrexa de Santa Salomé, construída no século XII.

Salomé nos evanxeos canónicos editar

Apenas se menciona nos evanxeos canónicos, pero aparece de forma máis detallada nalgúns evanxeos apócrifos.

No Evanxeo de Marcos é mencionada entre as testemuñas da crucifixión de Xesús (Marcos 15:40), xunto con María Madalena e "María, a nai de Santiago o Menor e de Xosé". Tras a morte de Xesús, as tres mulleres acoden á sepultura de Xesús, e un mozo vestido de branco anúncialles a resurrección (Marcos 16:1-8).

No Evanxeo de Mateu non é mencionada nunca polo seu nome; con todo, no relato da Crucifixión aparecen mencionadas tres mulleres: María Madalena; María, a nai de Santiago e Xosé, e "a nai dos fillos de Cebedeo" (Mateu 27:56). Salomé sería a nai de Santiago e Xoán, fillos de Cebedeo.[1] A nai dos fillos de Cebedeo intervén tamén noutra pasaxe do Evanxeo de Mateu (Mateu 20:20-28), cando pide a Xesús un lugar de honra para os seus fillos no seu futuro reino.

A interpretación católica tradicional considera que María de Cleofás non é Salomé a discípula.

Os evanxeos canónicos non cualifican a santa Salomé como unha apóstolo, polo que os principais escritores cristiáns danlle o título de "seguidora" de Xesús.

Dentro da tradición católica, tamén se lle chama a María Salomé (tres Marías), con todo, isto non se corrobora en ningunha pasaxe bíblica. Na Santa Biblia non se chega a aclarar que a Salomé tamén sexa chamada María.

Salomé nos apócrifos editar

No Evanxeo de Tomás, atopado en Nag Hammadi, entre os discípulos de Xesús cítanse dúas mulleres: María Madalena e Salomé.

No antigo evanxeo dos exipcios, de comezos do século II, Salomé aparece tamén como discípula de Xesús.

Veneración de Salomé en Santiago de Compostela editar

 
Imaxe de santa María Salomé situada na fachada da súa igrexa, en Santiago de Compostela

Asumindo a tradición de que esta personaxe é a nai do apóstolo enterrado na catedral da capital galega, pódese ver a súa imaxe ben destacada neste templo, na torre dereita da fachada que dá á praza do Obradoiro, mentres que Cebedeo se atopa representado na torre esquerda.

Así mesmo, a cidade ten no seu haber a única igrexa parroquial de España (e probablemente do mundo) dedicada a esta santa: trátase dun templo románico situado en pleno centro histórico, moi próximo á catedral.

En Bonares (Huelva) tamén se venera nunha capela.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-02.