María Emilia Casas
María Emilia Casas Baamonde, nada en Monforte de Lemos en 1950, é unha maxistrada galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de novembro de 1950 (73 anos) Monforte de Lemos, España |
Membro Consello de Estado de España | |
2018 – | |
Presidenta do Tribunal Constitucional de España | |
15 de xuño de 2004 – 12 de xuño de 2011 ← Manuel Jiménez de Parga – Pascual Sala Sánchez (en) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xurista |
Empregador | Universidade de Salamanca Universidade Carlos III de Madrid Universidade Complutense de Madrid |
Membro de | Tribunal Constitucional de España (1998–2011) |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Jesús Leguina |
Premios | |
Traxectoria editar
É catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade Complutense de Madrid. Foi nomeada maxistrada do Tribunal Constitucional en decembro do 1998, sendo o membro máis novo en acceder ao mesmo. En xuño do 2004 foi nomeada presidenta do Tribunal Constitucional, posto no que permaneceu ata 2011. Foi a primeira muller que o presidiu.
Recoñecementos editar
Foi Medalla de Ouro de Galicia en 2018.
Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Carlos III de Madrid en 2012,[1] pola Universidade de Santiago de Compostela en 2021, dado o compromiso de María Emilia Casas coa universidade e coa sociedade “especialmente a través da defensa da democracia e das súas institucións, dos valores da xustiza e da igualdade entre o home e a muller en todos os ámbitos do desenvolvemento da persoa”,[2] e en 2022 pola Universidade de Málaga, que recoñece na súa figura “a una mujer que ha logrado hacer camino y que nunca ha dejado de andar”.[3]
Notas editar
- ↑ Profª. Dña. María Emilia Casas Baamonde
- ↑ "A USC investiu doutora 'honoris causa' a María Emilia Casas, primeira muller á fronte do Tribunal Constitucional". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2021-12-05.
- ↑ La reputada jurista Emilia Casas, nueva doctora honoris causa de la Universidad de Málaga
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Emilia Casas |
Bibliografía editar
Ligazóns externas editar
- "Una monfortina de pro" La Voz de Galicia, 16/06/2004 (en castelán).
Predecesor: Manuel Jiménez de Parga |
Presidenta do Tribunal Constitucional 2004-2011 |
Sucesor: Pascual Sala Sánchez |