María Cofán
actriz e escritora galega
María Cofán Soto, nada en Ourense un 16 de maio,[1] é unha actriz, cantante, escritora en lingua castelá e miss galega. Vive en Marbella.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actriz , escritora |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Filla de Antonia Soto e do militar Camilo Cofán. Foi vivir a Santiago de Compostela cando o seu pai foi destinado á Lavacolla. En Madrid comezou a súa carreira como actriz, en filmes como El ángel esta en la cumbre (1958), El azar se divierte (1957), Pueblo soñado ou Una bruja sin escoba (1967). Interveu nas series de Jaime de Armiñán en TVE, en Fábulas, La familia Colón ou Carola de noche.
Vida persoal editar
Estivo casada cun cirurxián. Non tivo fillos.
Obras editar
Poesía editar
- A mitad del camino (Ediciones Cardeñoso, 1994)
Narrativa editar
- Vivencias y fantasías (Bonet Sichar, 1988)
- El perro que tendía la ropa y otros cuentos (Bonet Sichar, 1989)
- La modelo y otros relatos (Cardeñoso, 1990)
- Amar sin temor y otros relatos (Cardeñoso, 1992)
- Cuentos y canciones (Cardeñoso, 1993)
- El elefante color de rosa y otros cuentos (1993)
- El globo de Juanito y otros relatos (1995)
- Reflejos estelares de María Cofán (1997)
- El amante secreto y otros relatos (1999)
- El príncipe y la campesina (Cardeñoso)
Notas editar
- ↑ Seoane, Lito (27/1/2016). "María Cofán"". La Región (en castelán).
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 111. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Cuevas-Morales, S. (2003). Diccionario universal bio-bibliográfico de autoras que escriben en castellano. Siglo XX. Madrid: Aconcagua Publishing. p. 112.
- Cabo Villaverde, J.L. et al. (2001). Diccionario do cine en Galicia (1896-2000). Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3152-3.