Manuel del Río Mandayo

carpinteiro, gaiteiro e político galego

Manuel del Río Mandayo, nado nos Ánxeles (Oroso) e asasinado en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1936, foi un político e sindicalista galego.

Infotaula de personaManuel del Río Mandayo
Biografía
NacementoOs Ánxeles, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónebanista , gaiteiro , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De profesión ebanista, tamén foi gaiteiro. Foi xulgado en consello de guerra en 1929 por insulto á forza armada[1]. Na II República foi membro das Xuventudes Socialistas e despois pasou a militar no PSOE do que foi secretario xeral de Ordes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por un falanxista e conducido ao cárcere de Ordes onde foi torturado polo garda civil José Pérez Pérez. Foi paseado no cemiterio de Boisaca na madrugada do 5 de outubro de 1936. A pesar diso, foi posto en busca e captura polas autoridades franquista a finais de outubro de 1936.

Vida persoal editar

Casou con Pilar Naveira Golán e tivo catro fillos.

Notas editar

  1. El Orzán, 1-11-1929, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar