Manuel del Palacio

poeta español

Manuel del Palacio y Simó, nado en Lleida o 24 de decembro de 1831[1] e finado en Madrid o 5 de xuño de 1906, foi un xornalista e poeta satírico catalán. Foi un poeta moi popular na súa época, de hábil versificación e ton festivo, e está considerado un dos grandes poetas burlescos e satíricos do século XIX.

Infotaula de personaManuel del Palacio

Caricaturizado por Mecachis (La Semana Cómica, 1888)
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1831 Editar o valor em Wikidata
Lleida Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 1906 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Justo de Madrid (1951–) 40°24′07″N 3°43′44″O / 40.401847, -3.728781
Sacramental de San Lorenzo y San José Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Casa na que viviu en Pontevedra.

Fillo dun militar que tamén escribiu e que participou na guerra contra Inglaterra, a Guerra da Independencia Española e contra o Carlismo en Navarra. De neno viviu en Soria, graduouse de Bachiller en Valladolid, e viviu en Pontevedra, A Coruña e Madrid, onde se afeccionou á poesía. Estivo en Granada, onde tivo unha relación amorosa desgraciada. Alí, en 1851, formou parte da tertulia de La Cuerda xunto a Pedro Antonio de Alarcón e José Moreno Nieto entre outros.

Tras a morte do seu pai regresou a Madrid, onde traballou como empregado público, redactor de varios periódicos e arranxador de zarzuelas.[2] Escribiu en publicacións como El Látigo, La Discusión, El Imparcial, Madrid Cómico, El Pueblo e Blanco y Negro. En 1864 fundou xunto co dramaturgo Luis Rivera o periódico satírico Gil Blas.

En 1867, foi desterrado a Porto Rico polas súas sátiras políticas, entón liberais. Entrou despois na carreira diplomática e desempeñou postos en Florencia e o Uruguai, onde publicou o seu poema en prosa «Blanca», e algunhas das súas poesías apareceron no periódico La Ilustración Uruguaya en 1883.[3] Foi xefe de sección do Arquivo e Biblioteca do Ministerio de Estado e Presidente da sección de Literatura do Ateneo de Madrid. Posteriormente fíxose conservador. En 1892 foi nomeado membro da Real Academia Española.

En 1889, logo de que Clarín dixese que en España só había dous poetas e medio (Ramón de Campoamor, Gaspar Núñez de Arce e Palacio), replicouno co folleto Clarín entre dos platos.

Obra editar

Escribiu unha serie de descricións caricaturescas de políticos e artistas, Cabezas y calabazas (1863). Recolleu os seus artigos políticos en De Tetuán a Valencia, haciendo noche en Miraflores (1865). Publicou unha colección de Cien sonetos políticos (1870). Escribiu tamén lendas ao estilo romántico, ilustradas polas de José Zorrilla, en Veladas de otoño (1884). Outras obras súas son Melodías íntimas (1884) e Chispas (1894), que inclúe sátiras publicadas antes en El Imparcial.

Como dramaturgo destacan as súas pezas Marta (zarzuela) 1861); El tío de Alcalá (xoguete cómico de 1862); De Dios nos venga el remedio, zarzuela de 1866; Contra viento y marea, xoguete lírico, ou Don Bucéfalo, zarzuela. Outras veces limitouse a adaptar pezas estranxeiras á escena española. Como poeta é orixinal e é difícil adscribilo a ningunha tendencia en particular, por máis que na súa renuncia á retórica hxya algo da linguaxe de Campoamor. Segundo José María de Cossío, Palacio é poeta co que «Nunca ha de haber seguridad de su constancia en el tono que inicia que, sin llegar a los extremos de sus sonetos filosóficos, ha de ingerir en los momentos más graves el sarcasmo o la burla y en los más festivos e ingeniosos la admonición moral o la reflexión patética».[4]

 
Blanca (1885).

Verso editar

  • Cabezas y calabazas (en colaboración) retratos al vuelo de las notabilidades en política, en armas, en literatura, en artes, en toreo y en los demás ramos del saber y de la brutalidad humana: seguidos de varios cuadros de costumbres más o menos políticas, y pintados al fresco (1863).
  • Cien sonetos políticos, filosóficos, biográficos, amorosos, tristes y alegres (1870).
  • Veladas de otoño (1884).
  • Melodías íntimas (1884).
  • Chispas (1894).
  • Letra Menuda (versos e prosa)
  • El niño de nieve (cuento árabe), MAdrid: Fernando Fe, 1889.

Teatro editar

  • Marta (en colaboración/arranxo-zarzuela en tres actos) 1861)
  • El tío de Alcalá (xoguete cómico de 1862)
  • De Dios nos venga el remedio, zarzuela, 1866
  • Contra viento y marea, xoguete lírico
  • Don Bucéfalo, (arranxlo-zarzuela en tres actos).
  • La vuelta de Columela, (arranxo do italiano-zarzuela en tres actos)
  • Stradella (en colaboración/arranxo do italiano-zarzuela en tres actos)
  • La Reina Topacio en colaboración/arranxo-zarzuela en tres actos)
  • El Zapatero y la Maga (arranxo de Crispino e la Comare/en colaboración/arranxo-zarzuela en tres actos)
  • La Romería de Ploermel (arranxo de Dinorah-zarzuela en tres actos)
  • Por una Bellota (xoguete nun acto)
  • El Motín de las Estrellas (xoguete nun acto)
  • Antes del Baile, en el Baile y después del Baile (xoguete nun acto)
  • Tanto Corre como Vuela (xoguete nun acto)
  • Can (parodia de Kin-xoguete nun acto)

Artigos editar

  • De Tetuán a Valencia, haciendo noche en Miraflores. Viaje cómico al interior de la política (1865).

Varios editar

  • Doce reales de prosa y algunos versos gratis: colección de cuentos, novelas, artículos varios y poesías
  • Museo cómico, ó, Tesoro de los chistes: colección, almacen, depósito, ó lo que ustedes quieran, de cuentos, fábulas, chistes, anécdotas, chascarrillos... cuanto se pueda inventar para hacer reír...
  • Museo cómico, o, Tesoro de los chistes, 2: colección, almacén, depósito, o lo que ustedes quieran de cuentos, fábulas, chistes, anécdotas, chascarrillos, dichos agudos y obtusos, epígramas, sentencias, flores y espinas...
  • Un liberal pasado por agua. Recuerdos de un viaje a Puerto Rico.
  • Fruta verde
  • Huelgas Diplomáticas
  • El amor, las mujeres y el matrimonio (en colaboración)
  • Función de desagravios en obsequio de las Bellas Artes (folleto)
  • La situación, los partidos y otras menudencias (folleto)

Notas editar

  1. "Romance biográfico" que encabeza o seu libro Doce reales de prosa y algunos versos (1864).
  2. "Romance biográfico", no libro Doce reales de prosa y algunos versos (1864).
  3. Scarone, A. (1942): Diccionario de seudónimos del Uruguay Arquivado 30 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.. Ed. C. García & cía.
  4. Cf. de Cossío, J. M. (1960): Cincuenta años de poesía española (1850-1900), Madrid: Espasa-Calpe, t. II, p. 787.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar