Manuel Yarza

futbolista galego

Manuel Yarza Ormazábal, nado en Vigo en 1884, foi un futbolista galego, que xogaba como centrocampista. Membro histórico do Madrid Foot-Ball Club, xunto co seu irmán Quincho Yarza, foi campión da Copa do Rei catro veces consecutivas, dende 1905 ata 1908. Na edición de 1908 ambos foron rivais, e máis tarde recalou no Español de Madrid.[1]

Yarza
Información persoal
Nome Manuel Yarza Ormazábal
Nacemento 1884
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,60 m
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1902–1904 Moderno FC
1904–1908 Madrid FC
1908–1911 Español de Madrid
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era fillo do innovador do sector industrial naval José Joaquín Yarza Albea, natural de Donostia.[2] Militou xunto co seu irmán Quincho no Moderno Foot-Ball Club e trala absorción deste polo Madrid Foot-Ball Club en 1904, pasaron a xogar no segundo deles, que anos máis tarde pasaría a chamarse Real Madrid. Co Madrid gañou catro catro Campionatos Rexionais e catro Copas do Rei consecutivas entre 1905 e 1908, as tres primeiras xunto co seu irmán, mentres que na cuarta foron rivais, ao xogar Joaquín no Vigo FC.[3][4]

Tamén el disputou algúns encontros co Vigo FC en 1907.[5] A partir de 1908 enrolouse no Español FC de Madrid, club co que gañou o Campionato Rexional Centro de 1909 e co que disputou dúas novas finais da Copa do Rei: en 1909 contra o Club Ciclista de San Sebastián e en 1910 contra o FC Barcelona.[6][7]

Palmarés editar

Madrid FC
Moderno FC

Notas editar

  1. Arnáiz 2002.
  2. González Martín, Xerardo (1 de novembro de 2012). "Los Yarza, volcados en mejorar la industria". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2022. 
  3. Diario Gran Vida. Notas de Sport. Concurso regional de foot-ball. Edición del 1 de noviembre de 1903.
  4. "Las 19 Copas de España del Real Madrid". Real Madrid Club de Fútbol (en castelán). 17 de abril de 2014. Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 
  5. "De Sport". La Correspondencia Gallega (en castelán) (5227). 15 de xullo de 1907. Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 
  6. "El campeonato de España". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de abril de 1909. p. 1. Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 
  7. "El campeonato". Mundo Deportivo (en castelán). 2 de xuño de 1910. p. 6. Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arnáiz, Luis (2002). 100 Finales de Copa: historia del Campeonato de España (en castelán). Interviú, RTVE e RFEF. p. 130.