Manuel Vegazo
Manuel Vegazo Bermejo, nado en Ávila o 3 de setembro de 1933 e finado nas Palmas de Gran Canaria o 12 de marzo de 2024, foi un futbolista galego, que xogaba de dianteiro.
Vegazo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel Vegazo Bermejo | ||
Nacemento | 3 de setembro de 1933 (90 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ávila | ||
Falecemento | 12 de marzo de 2024 | ||
Lugar de falecemento | As Palmas de Gran Canaria | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Sporting Burgo | |||
1951-1952 | Español | ||
1952 | Pontevedra | ||
1952-1953 | Español | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1953–1956 | Xuvenil | 21 | (6) |
1956 | Real Zaragoza | 5 | (2) |
1955–1959 | Deportivo da Coruña | 11 | (1) |
1959–1960 | Racing de Ferrol | 36 | (13) |
1960–1967 | Las Palmas | 109 | (19) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Naceu en Ávila pero trasladouse coa súa familia á Coruña aos poucos meses vida. Comeza xogando en equipos coma o Sporting Burgo e Español, e logo pasou ao Xuvenil, no que disputou a histórica tempada 1954/55, primeira e única do club coruñés en Segunda División, despois de lograr o ascenso na campaña anterior.[1]
Na tempada 1955/56 xogou algúns partidos co Zaragoza en Segunda, e o resto da tempada co Xuvenil en Terceira, e na campaña seguinte (1956–57) debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, xogando tan só un partido esa campaña. O seu debut produciuse no partido da xornada 19, que rematou en derrota, fronte ao Athletic Club (2–0). Vegazo ocupaba un posto de suplente (foi o cuarto dianteiro logo dos habituais), sendo titulares ese ano Polo, Arsenio Iglesias, Tino e Benjamín Santos.
Na tempada 1963–64 ascendeu co Las Palmas a Primeira División, onde se mantivo co conxunto canario até a campaña 1966–67.
Faleceu nas Palmas de Gran Canaria o 12 de marzo de 2024, aos 90 anos de idade.[2]
Notas editar
- ↑ "Al perder la Ponferradina en Marín, el Juvenil puede considerarse ya en la Segunda División". El Pueblo Gallego (en castelán) (10059). 4 de maio de 1954. p. 7. Consultado o 8 de xullo de 2021.
- ↑ "Fallece Manuel Vegazo, ex jugador de la UD Las Palmas" (en castelán). 13 de marzo de 2024. Consultado o 13 de marzo de 2024.