Manuel Vázquez Montalbán

escritor catalán


Manuel Vázquez Montalbán, nado en Barcelona o 27 de xullo de 1939 e finado en Bangkok (Tailandia) o 18 de outubro de 2003, foi un xornalista, novelista, poeta, ensaísta, crítico e gastrónomo catalán. Escribiu tanto en lingua catalá como castelá.

Infotaula de personaManuel Vázquez Montalbán

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Manuel Vázquez Montalbán Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1939 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de outubro de 2003 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Bangkok, Tailandia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCementiri de Collserola (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, Prosa, poesía, xornalismo de opinión, ensaio, crítica literaria, gastronomía e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Madrid
Lleida Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , ensaísta , crítico literario , xornalista de opinión , poeta , político , gastrónomo , xornalista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartit Socialista Unificat de Catalunya
Iniciativa per Catalunya Verds Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía e novela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeAnna Sallés Bonastre Editar o valor em Wikidata
FillosDaniel Vázquez Sallés Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0904729 Allocine: 94137
Dialnet: 936115 Musicbrainz: e3376608-3c09-47c3-9482-3fd59e57e5d7 Find a Grave: 7996756 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo ilexítimo do exilado Evaristo Vázquez Tourón,[1] natural de Souto[2] (Muro, Láncara)[3] e mais de Rosa Montalbán Pérez, nada en Barcelona. Seu pai fora militante do PSOE inicialmente, e logo do PSUC[4]. Detido trala guerra, foi xulgado no verán de 1939 e condenado a prisión pola súa participación política. Pai e fillo non se coñeceron ata o ano 1944[4].

Vázquez Montalbán estudou Filosofía e Letras e Xornalismo na Universidade Autónoma de Barcelona, ​​onde tamén foi profesor. Era un catalán convencido e especialmente coñecido polas súas conviccións políticas; foi membro do Partido Socialista Unificado de Cataluña e de Iniciativa per Catalunya. Antes foi membro do Frente de Liberación Nacional, foi condenado a tres anos de cadea, cumprindo un e medio, polas súas actividades antifranquistas. Escribiu o primeiro ensaio cando estaba na cadea.[5]

Ao saír do cárcere Montalbán inició a súa carreira xornalística na revista Triunfo e, co tempo, compaxinouna coa súa carreira literaria. Colaborou con Siglo XX, Tele/Xprés e Por favor, para máis tarde traballar en El País, Avui e Interviú.

Quizais a súa obra máis coñecida sexa a serie Carvalho, protagonizada polo detective galego Pepe Carvalho, que se converteu nun dos heroes máis importantes do xénero da novela policíaca. As novelas protagonizadas por este detective converteron a Manuel Vázquez Montalbán nun dos autores máis lidos en España e con maior difusión internacional.

A súa morte editar

Na viaxe de regreso de Sydney a Barcelona, ​​despois de dar varias conferencias en Australia, detívose no aeroporto de Bangkok onde comezou a sentirse mal e foi tratado na clínica de saúde do mesmo aeroporto. Non obstante, morreu aos poucos minutos dunha parada cardíaca. A Vázquez Montalbán operárano do corazón nove anos antes en Barcelona, ​​onde o someteran a catro bypass. Segundo fontes diplomáticas, a morte produciuse pouco despois da media noite do día 18, hora local (ás seis da tarde do día 17 en Barcelona).[6]

Obra editar

Poesía editar

Iniciouse como poeta en 1967. Foi un dos nove novísimos da antoloxía de Castellet. A súa produción caracterízase polo ludismo, a ironía e unha importante carga testemuñal e crítica. A súa obra poética ata 1986 está recollida en "Memoria y deseo".

 

Formou parte do consello editorial da colección de poesía Leliadoura, de Sotelo Blanco Edicións.

  • Una educación sentimental (1967). El Bardo.
  • Movimientos sin éxito (1969). El Bardo.
  • Coplas a la muerte de mi tía Daniela (1973). El Bardo.
  • A la sombra de las muchachas sin flor (1973). El Bardo.
  • Praga (1982). Lumen.
  • Memoria y deseo. Poesía 1967-1983 (1983). Seix Barral.
  • Pero el viajero que huye (1967). Visor.
  • Memoria y deseo. Obra poética 1967-1990 (1990). Grijalbo.
  • Ciudad (1997). Visor.
  • Ars amandi (2001). Bartleby Editores, antoloxía
  • Rosebud, inédito incluído en Memoria y deseo (2008).
  • Construcción y deconstrucción de una teoría de la almendra de Proust complementaria de la construcción y deconstrucción de una teoría de la magdalena de Benet Rossell (2008). Case inédito incluído en Memoria y deseo.
  • Memoria y deseo. Poesía completa 1967-2003 (2008). Península.

Novela editar

Os mesmos riscos da súa poesía aparecen na novelística de Vázquez Montalbán.

Serie Pepe Carvalho editar

  • Yo maté a Kenedy, Impresiones, observaciones y memorias de un guardaespaldas (1972). Planeta.
  • Tatuaje (1975). Batlló.
  • La soledad del manager (1977). Planeta.
  • Los Mares del Sur (1979). Planeta.
  • Asesinato en el Comité Central (1981). Planeta.
  • Los pájaros de Bangkok (1983). Planeta.
  • La rosa de Alejandría (1984). Planeta.
  • El balneario (1986). Planeta.
  • Asesinato en Prado del Rey (en Asesinato en Prado del Rey y otras historias sórdidas) (1987). Planeta.
  • El delantero centro fue asesinado al atardecer (1989). Planeta.
  • El laberinto griego (1991). Planeta.
  • Sabotaje olímpico (1993). Planeta.
  • El hermano pequeño (1994). Planeta.
  • Roldán, ni vivo ni muerto (1994). Planeta.
  • El Premio (1996). Planeta.
  • La muchacha que pudo ser Emmanuelle, El País, 3 de 30 de agosto de 1997 (tamén en Cuentos negros, Galaxia Gutenberg, 2011)
  • Quinteto de Buenos Aires (1997). Planeta.
  • El hombre de mi vida (2000). Planeta.
  • Milenio Carvalho I. Rumbo a Kabul (2004). Planeta
  • Milenio Carvalho II. En las antípodas (2004). Planeta.
 

Outras novelas editar

  • Recordando a Dardé (en Recordando a Dardé y otros relatos (1989). Seix Barral. E en Tres novelas ejemplares, Bruguera, 1983, Espasa-Calpe, 1988)
  • Happy end (1974). Gaya Ciencia, (taménén en Tres novelas ejemplares, Bruguera, 1983, Espasa-Calpe, 1988, e en Escritos subnormales, Seix Barral, 1989, Mondadori, 2000)
  • La vida privada del doctor Betriu (1983). (en Tres novelas ejemplares, Bruguera, 1983, Espasa-Calpe, 1988)
  • El pianista (1985). Círculo de Lectores. En Mondadori, 1996
  • El matarife (1986). Almarabu.Tamén en Pigmalión y otros relatos, Seix Barral, 1987, Mondadori, 2000.
  • Los alegres muchachos de Atzavara, (1987). Seix Barral, Mondadori, 2000.
  • Pigmalión (en Pigmalión y otros relatos) (1987). Seix Barral, Mondadori, 2000)
  • Cuarteto (1988 e2001). Mondadori.
  • Galíndez (1990). Planeta.
  • Autobiografía del general Franco (1992). Planeta.
  • El estrangulador (1994 e 2000). Mondadori.
  • O César o nada (1998). Planeta.
  • El señor de los bonsáis (1999). Alfaguara.
  • Erec y Enide (2002). Planeta. A trama transcorre en parte na Illa de San Simón.

Contos editar

Serie Pepe Carvalho editar

  • Historias de fantasmas (1987). Planeta.
  • Historias de padres e hijos (1987). Planeta.
  • Tres historias de amor (1987). Planeta.
  • Historias de política ficción (1987). Planeta.
  • Asesinato en Prado del Rey y otras historias sórdidas (1987). Planeta.
  • El hermano pequeño (1994). Planeta.
  • Cuentos negros (2011). Galaxia Gutenberg.

Outros editar

  • Recordando a Dardé y otros relatos (1969). Seix Barral.
  • Pigmalión y otros relatos (1987). Seix Barral, Mondadori, 2000.
  • Cuentos blancos (2011). Galaxia Gutenberg.

Gastronomía editar

Tamén era gastrónomo. As referencias que fai á comida ou a gastronomía eran unha das características da serie Carvalho como o ritual de prende-la cheminea con libros que condenaba ó lume. Pero tamén ten obras estritamente feitas como gastrónomo como Contra los gastrónomos, obra de iniciación ao mundo da gastronomía, onde percorre todos os alimentos e todas as cociñas do mundo, dende a cociña tradicional á nouvelle cuisine, e mesmo analiza as modas alimenticias (que non gastronómicas) coma a "comida sa" e "o light". Outras obras gastronómicas súas son Cocina Catalana e Recetas inmorales.

  • L'art del menjar a Catalunya (1977). Edicions 62.
  • La cocina catalana: el arte de comer en Cataluña (1979). Península.
  • Las Cocinas de España: Cataluña; Extremadura; Galicia; Valencia (1980). Sedmay.
  • Recetas inmorales (1981).Oh Sauce, Afanias,1996.
  • Mis almuerzos con gente inquietant, (1994).Planeta.
  • Contra los gourmets (1985). Difusora Internacional, Mondadori, 2001
  • Tiempo para la mesa (1986). Difusora Internacional.
  • Las recetas de Carvalho (1989). Planeta.
  • Les meves receptes de cuina catalana (1995). Ediciones 62.
  • Carvalho gastronómico 1. Saber o no saber (2002). Ediciones B.
  • Carvalho gastronómico 2. La cocina de autor en España (2002). Ediciones B.
  • Carvalho gastronómico 3. La cocina del Mediterráneo y la mediterraneidad (2003). Ediciones B.
  • Carvalho gastronómico 4. Beber o no beber (2003). Ediciones B.
  • Carvalho gastronómico 5. Guía de restaurantes obligatorios (2003). Ediciones B.
  • Carvalho gastronómico 6. La cocina de la harina y el cordero (2003). Ediciones B.
  • Carvalho gastronómico 7. La cocina del mestizaje (2003). Ediciones B.
  • Carvalho gastronómico 8. La cocina de los finisterres (2003). Ediciones B.
  • Carvalho gastronómico 9. Diccionario indispensable para la supervivencia (2003). Ediciones B.
  • Carvalho gastronómico 10. El otro recetario (2003). Ediciones B.

Ensaio editar

Escribiu ensaios sobre xornalismo, política, socioloxía, deporte, historia, cociña, biografías, literatura e música. O seu primeiro ensaio foi Informe sobre la Información (1963). Outras obras:

  • Informe sobre la información, (1963). Fontanella, 3ª en 1975.
  • Manifiesto subnormal (1963). Kairós (e en Escritos subnormales, Seix Barral, 1989, Pellicanolibri, 1980)
  • Crónica sentimental de España (1971). Lumen, Grijalbo, 1998
  • Joan Manuel Serrat (1972). Júcar, e 1976, 1978 e 1984, Nortesur, 2010
  • El libro gris de Televisión Española (1973).Ediciones 99.
  • Las noticias y la información (1973). Salvat Editores.
  • La vía chilena al golpe de estado (1973). Saturno.
  • La penetración americana en España (1974). Cuadernos para el Diálogo.
  • Cien años de canción y Music Hall (1974). Difusora Internacional.
  • La Capilla Sixtina: del proceso de Burgos al espíritu de febrero (1975). Kairós.
  • ¿Qué es el imperialismo? (1976). Gaya Ciencia.
  • Diccionario del Franquismo (1977). Dopesa.
  • Cómo liquidaron al franquismo en dieciséis meses y un día (1977). Planeta.
  • Imágenes y recuerdos. 1919-1930. La rebelión de las masas (1977). Difusora Internacional.
  • Los demonios familiares de Franco (1978). Dopesa, Diario Público, 2009
  • La palabra libre en la ciudad libre (1979). Gedisa.
  • Historia y comunicación social (1980). Bruguera, Crítica, 1997, Mondadori, 2000.
  • Crónica sentimental de la transición (1985). Planeta.
  • Barcelones Empúries (1987).
  • Barcelonas Empúries (1987).
  • Rafael Ribó: l'optimisme de la raó (1988). Planeta.
  • Rafael Ribó: el optimismo de la razón (1988). Planeta.
  • Escenas de la literatura universal y retratos de grandes autores (1988). Debuxos de Willi Glasauer, Círculo de Lectores.
  • L'esquerra neccessària (1989). Organismos oficiais de administración.
  • Escritos subnormales (1989). Seix Barral, Mondadori, 2000.
  • Moscú de la revolución, Planeta (1990).
  • Veinticinco años, veinticinco anuarios: del apagón de Nueva York a la caída del muro de Berlín (1991). Difusora Internacional.
  • Gauguin, Flohic (1991).
  • La literatura y la construcción de la ciudad democrática (1992). Bancaja.
  • Decàleg del culé, Columna (1992).
  • Novela negra, novela política (1993). Ibercaja.
  • Felípicas (Sobre las miserias de la razón práctica) (1994). El País/Aguilar.
  • Panfleto desde el planeta de los simios (1995). Crítica, Mondadori, 2000
  • Pasionaria y los siete enanitos (1995). Planeta.
  • El poder (1996). Espasa, antoloxía de textos, selección de Francisco J. Satué
  • Un polaco en la corte del rey Juan Carlos (1996). Alfaguara. Análise da vída política en Madrid, nos últimos anos de goberno de Felipe González.
  • El escriba sentado (1997). Crítica, Mondadori, 2001, Diario Público, 2009
  • Elogis desmesurats, Empuréis (1997).
  • La literatura en la construcción de la ciudad democrática (1998). Crítica, Mondadori.
  • Y Dios entró en La Habana (1998). El País/Aguilar. Sobre Cuba, Fidel Castro e a visita do Papa Xoán Paulo II.
  • Marcos: el señor de los espejos (1999). El País/Aguilar. Sobre o Subcomandante Marcos e o levantamento de Chiapas
  • Geometría y compasión, Mondadori (2003).
  • La aznaridad, Mondadori (2003).
  • Fútbol. Una religión en busca de un Dios, (2005). Arena Abierta.
  • La ciudad: ese imaginario o circunloquio sobre la deconstrucción de Barcelona (2008). Revista Antípodas, número XVIII.
  • Jack el Decorador (2008). De Bolsillo.

Teatro e radio editar

  • Guillermotta en el país de las Guillerminas (1973). Anagrama. Espectáculo de Music Hall, música de Juan Luis Moraleda e José Aponte, escrito para ser interpretado por Guillermina Motta (tamén en Escritos subnormales, Seix Barral, 1989, Mondadori, 2000)
  • Cuestiones marxistas (1974). Anagrama (Tamén en Escritos subnormales, Seix Barral, 1989, Mondadori, 2000)
  • Flor de nit (1992). Editorial Boileau. Libreto de musical, música de Albert Guinovart.
  • Antes de que el milenio nos separe. Carvalho contra Vázquez Montalbán (1997). Monólogo teatral (en Carvalho 25 años. Estuche conmemorativo, Planeta)
  • María Hitler (1984). Guión radiofónico inédito

Con pseudónimo editar

Como Luis Dávila editar

  • Política y deporte (1972). Editorial Andorra. Prólogo de Manuel Vázquez Montalbán

Como Manolo V el Empecinado editar

  • La educación de Palmira, (1972). Editorial Andorra, cómic, dibujos de Nuria Pompeia, epílogo de Sixto Cámara (pseudónimo de Manuel Vázquez Montalbán).
  • Lo mejor de Por Favor (1974). Punch. Deseños de Jaume Perich.
  • El año del ¡Ay!, ¡Ay!, ¡Ay! (1976). Sedmay. Deseños de Jaume Perich.

Premios e homenaxes editar

  • 1979: Premio Planeta por Los mares del sul.
  • 1991: Premio Nacional de Narrativa, por Galíndez.
  • 1992: Premio Europeo de Literatura, por Galíndez.[7]
  • 1994: Premio da Crítica, por El estrangulador.
  • 1994: Premio Internacional de Literatura Ennio Flaiano, por Autobiografía del general Franco.
  • 1995: Premio Nacional das Letras Españolas. Praza Vázquez Montalbán en Sant Boi de Llobregat.
  • 1998: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[8]

Desde 2007 existe unha rúa chamada "Manuel Vázquez Montalbán" na localidade de Xetafe (Madrid). Anteriormente, o Concello de San Baudilio de Llobregat (Barcelona) deu este nome a unha praza situada no barrio de Casabranca. Tamén son bautizados na súa honra o Centro Cívico "Vázquez Montalbán" de Vallvidrera (Barcelona) e o Instituto de Educación Secundaria "Manuel Vázquez Montalbán" de Sant Adriá del Besòs (Barcelona), que adopta esta denominación tras o seu falecemento. Desde o 29 de xuño de 2018 tamén conta cunha glorieta na localidade madrileña de Valdemoro.

Premios no seu nome editar

O Colexio de Xornalistas de Cataluña outorga desde 2004 o Premio Internacional de Xornalismo Vázquez Montalbán na súa memoria. Este entrégase nas categorías de xornalismo deportivo e xornalismo cultural e/ou político, lembrando así as dúas facetas do seu traballo neste campo. En 2004 dedicóuselle o VIII premio Nostromo de narrativa marítima que foi parar á novela El veneno del Escorpión. En 2006 o Concello de Barcelona entrega por primeira vez o Premio Pepe Carvalho, que se concede a escritores de novelas policiais ou negras.

Homenaxes doutros escritores editar

Manuel Vázquez Montalbán serviu de inspiración ao escritor italiano Andrea Camilleri á hora de poñer nome ao protagonista da súa serie de novelas e narracións curtas sobre o comisario Montalbano. Así, Montalbano sería unha italianización de Montalbán. De feito, o personaxe de ficción é afeccionado ás novelas policiais escritas por Vázquez Montalbán, que conformaron a serie sobre Pepe Carvalho.

Notas editar

  1. "Biografia de Manuel Vázquez Montalbán". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2021-01-03. 
  2. "Vázquez Montalbán en Galicia". www.vespito.net. Consultado o 2021-01-03. 
  3. José de Cora (22 de marzo de 2022). "Pepe Carvalho, un detective cosmopolita que nace en Souto (Láncara)". Bitácora de Cora (en castelán). 
  4. 4,0 4,1 "Manuel Vázquez Montalbán. A fondo (ed. completa e restaurada).". YouTube (en castelán). Consultado o 2022-10-10. 
  5. lecturalia.com. "Manuel Vázquez Montalbán: libros y biografía autor". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2021-01-03. 
  6. "Muere el escritor Manuel Vázquez Montalbán al sufrir un paro cardiaco en Bangkok". El País (en castelán). 2003-10-18. ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-03. 
  7. "Manuel Vázquez Montalbán" (en castelán). 2020-11-07. 
  8. "Premios Rosalía de Castro". 2020-12-11. 


Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar