Manuel Vázquez Castro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Manuel Vázquez Castro, coñecido como Manuel Barros,[1] nado na Trabanca (Padrón) o 1 de febreiro de 1844 e finado en Sevilla o 5 de xaneiro de 1885,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1844 Padrón, España |
Morte | 5 de xaneiro de 1885 (40 anos) Sevilla, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Cursou os estudos primarios en Padrón e comezou os secundarios no Instituto de Santiago de Compostela. Comezou a traballar na oficina do escribán José María Batalla San Miguel. En 1862, con 18 anos, embarcou en Vigo con destino a a Cuba onde se iniciou como xornalista nas publicacións La Voz de Cuba e Juan Palomo, onde se defendía a causa española, o que o levou a se alistar como voluntario.
Abandonou Cuba en marzo de 1871 con destino a Nova Orleáns, de onde pasou a Nova York, para asentarse en Newburgh, onde traballou como docente. En outubro de 1871 retornou a Galicia. En maio de 1872 emigrou novamente, desta volta a Buenos Aires, onde foi secretario de Carlos Casares, gobernador da provincia de Buenos Aires.[2] Tamén comezou a traballar en El Correo Español e fundou a Revista Galaica (que se podía considerar como o voceiro do Centro Galego de Buenos Aires).[2] Aos poucos, fundou e dirixiu La Nación Española, onde publicou "En las orillas del Sar", de Rosalía de Castro.
Participou en varias institucións como El Ateneo Español, a Beneficiencia Española, e sociedades recreativas.
Foi presidente do primeiro Centro Gallego de Buenos Aires, que se constituíu en 1879, pero desapareceu moi cedo por problemas entre os directivos, para ser refundado, de novo, en 1907.[2]
Obras editar
- Ocios de un peregrino. Apuntes de viaje, 1875.
Vida persoal editar
Casou en Buenos Aires con Paula Florido Toledo (quen tras enviuvar casaría con José Lázaro Galdiano) e tivo unha filla póstuma.[1]
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Angueira, Anxo (2018). "Manuel Barros, crítico e tradutor de Rosalía". Follas Novas (3): 112–122. ISSN 2530-3813. OCLC 982069779.
- Axeitos, Xosé Luís (2017). "Manuel Barros, cronista de Padrón". Follas Novas (2): 8–25. ISSN 2530-3813. OCLC 982069779.
- Bouza-Brey, F. (1961). "Manuel Barros, escritor emigrado, amigo de Rosalía, y los orígenes del libro En las orillas del Sar" (PDF). Cuadernos de Estudios Gallegos. Tomo 16: 218–239. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2017. Consultado o 08 de maio de 2020.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 469.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 743. ISBN 84-7492-465-0.
- Peppino Barale, Ana Mª (2011). "Paula Florido y Toledo. Identidad relegada". Fuentes Humanísticas (Azcapotzalco, México) 23 (42): 7–30. ISSN 0188-8900.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.