Manuel Reinante Cancio

auxiliar de minas, piloto e topógrafo galego

Manuel Reinante Cancio, nado en Ribadeo o 19 de febreiro de 1816 e finado na mesma vila o 2 de maio de 1909,[1], foi un auxiliar facultativo de minas, piloto da mariña mercante e topógrafo galego.

Infotaula de personaManuel Reinante Cancio
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1816 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de maio de 1909 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntopógrafo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballou con Guillermo Schulz na realización do Mapa Petrográfico do Reino de Galicia, e fixo o mapa topográfico e mineiro do Barranco del Rey, na serra Albanilla (provincia de Almería).

Foi vicepresidente do Consello Rexionalista de Lugo, e representou a Ribadeo na Deputación Provincial.

En 1888 cedeu ó concello de Ribadeo 108 ha de terreo en montes próximos á vila (montes de Reverte, Fontes do Lobo e Monte de Arca) para que o recadado pola súa venda se aplicase ó ben público.

Obra editar

Colaborador en diversas publicacións periódicas, publicou:

  • El puente de Ribadeo, feito polo concello.

Recoñecementos editar

Foi condecorado coa Encomienda de Número de Isabel la Católica por Servizos especiais.[2]

Notas editar

  1. Lanza álvarez, Francisco (1991). Ribadeo Antiguo. Ediciós do Castro. pp. 351–352. ISBN 8474925363. 
  2. Citado na revista Campo del Tablado n.1, pp.25 e seg.