Manuel Monleón Burgos

Cartelista valenciano
Infotaula de personaManuel Monleón Burgos
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de agosto de 1976 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Mislata, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncartelista , esperantista Editar o valor em Wikidata
LinguaEsperanto Editar o valor em Wikidata

Tebeosfera: monleon_burgos_manuel
Manuel Monleón Burgos, nado o 23 de febreiro de 1904 en Valencia e finado o 17 de agosto de 1976 en Mislata (Comunidade Valenciana), foi un debuxante, cartelista e ilustrador gráfico valenciano.[1]  Tamén se interesou polo naturismo, o anarquismo e, sobre todo, polo esperanto. A partir de 1929, especializouse nos carteis, formando parte da vangarda valenciana dos anos trinta. 

Traxectoria editar

Pertencía a unha humilde familia de agricultores de Andilla (Serrans) que emigraron á capital valenciana. Cando era neno padeceu raquitismo.[2] Traballou como mozo nunha fábrica de abanos, onde foi aprendiz do pintor miniaturista valenciano Mariano Pérez no seu taller de Les Ventalles.

Esperanto editar

Durante a Segunda República española, estivo interesado na lingua internacional esperanto. A través dos círculos esperantistas soviéticos, contactou coa Asociación de Artistas da Unión Soviética, unha entidade para a que produciu un gran número de retratos de personaxes ilustres rusos. Tamén publicou o libro "Un idioma para el mundo proletario: el esperanto", co pseudónimo de Manuel Burgos. Foi o primeiro presidente do Partido Laborista Esperantista de Valencia.

Segunda República editar

Ideoloxicamente partiu dende círculos próximos ao anarquismo até achegarse aos ideais da revolución soviética e, pronto, frecuentou círculos de artistas e intelectuais de esquerda e, sobre todo, comunistas.[2] Fíxose amigo de Josep Renau co que participou en diversos traballos e que foi quen o introduciu na vangarda valenciana de artistas plásticos, na que estaban os irmáns Vicente e Arturo Ballester, Vicente Canet, José Bauset, Francisco Carreño, Rafael Pérez Contel, Rafael Ragao e Luis Dubón.[3]

En 1933, participou na Primeira Exposición de Arte Revolucionaria e formou parte da Unión de Escritores e Artistas Proletarios (UEAP). Neses anos optou polo uso do aerógrafo e da fotomontaxe. Así, foi un dos primeiros en usar fotomontaxes con propósitos propagandísticos e ideolóxicos.[2] Traballou para diferentes revistas do momento como "Orto", "Cuadernos de Cultura”" e “Nueva Cultura" e sobre todo, para a revista editada pola FAI, "Estudios" na que realiza case tódalas súas portadas. Tamén traballou no periódico "Verdad" que dirixira Max Aub[4] e acadara unha enorme popularidade polas súas portadas e carteis. Tamén formou parte da Alianza de Intelectuais Anfifascistas.

Durante a Guerra Civil española, os seus carteis de propaganda para o bando republicano foron bastante agresivos e foi considerado o principal artista gráfico da guerra xunto con Josep Renau i Berenguer e Arturo Ballester.[4] A pesar da súa ideoloxía comunista, foise achegando ao anarcosindicalismo[5] e realizou múltiples carteis e traballos para varias organizacións políticas como a CNT (como o cartel da Columna Iberia), UGT, o PCE ou o Partido Sindicalista de Ángel Pestaña.[6] Tamén participou cos seus carteis no Pavillón da Segunda República na Exposición Internacional de París de 1937.[4]

Ao final da guerra, por mor da súa significación política, intentou saír de España a través de Alacant pero foi detido polas tropas italianas do xeneral Gastone Gámbara e foi ingresado primeiro no campo de concentración de Ametllers e despois no de Albatera.[7] Foi condenado a morte e pasou despois pola prisión de Carabanchel, pola de Palencia e polo Cárcere Modelo de Valencia. Nesta última, na que coincidiron unha gran cantidade de artistas plásticos, por suxestión dos presos, creouse un Taller de Artes Plásticas, que se tomou como modelo para outros cárceres e serviu para a súa posterior liberación, en 1943, a partir da Lei de Redención de penas por traballo.[7][8]

Exilio e retorno editar

Cando abandonou a prisión, traballou un tempo maquetando a revista Triunfo e logo fundou unha compañía de publicidade (Diarco), con Antonio Castaños, pero non se adaptou á situación e marchou en 1951 a Bogotá (Colombia),[9] onde traballou nunha editorial e varias axencias de publicidade. En 1958, instalouse en Caracas, e finalmente en 1962 regresou a Valencia,[10] onde dirixiu unha axencia de publicidade xunto co seu fillo Lenko que tamén era debuxante. Pouco despois instalouse en Mislata, onde se concentrou na pintura ata que unhas cataratas impedíronlle continuar o seu traballo.

Obra editar

  • Un idioma para el mundo proletario: el esperanto (1933)

Notas editar

  1. Miravitlles (1978)
  2. 2,0 2,1 2,2 Agramunt Lacruz, Francisco (2004). "Manuel Monleón Burgos: uñas y dientes contra los monstruos del fascismo". tebeosfera.com (en castelán). Consultado o 09-04-2019. 
  3. VV.AA (2003)
  4. 4,0 4,1 4,2 "Una exposición recupera los carteles de la Guerra Civil de Monleón". elpais.com. 24-02-2004. Consultado o 09-04-2019. 
  5. García, Manuel (1995). "Arte y exilio. El éxodo valenciano (1939-1975)". En Girona i Albuixec, Albert; Fernanda Mancebo, María. El exilio valenciano en América. Obra y memoria (en castelán). Valencia: Servei de Publicacions Universitat de València. p. 114. ISBN 84-370-2312-2. 
  6. "Manuel Monleon Burgos (1904 – 1976)". affiches-combattants-liberte.org. Arquivado dende o orixinal o 30-12-2017. Consultado o 09-04-2019. 
  7. 7,0 7,1 "Arte y artistas plásticos en la Guerra Civil española: Manuel Monleón burgos". Sociedad Benéfica de Historiadores Aficionados y Creadores (en castelán). Consultado o 09-04-2019. 
  8. Agramunt (2005), pp. 385-386
  9. Ezcurra (1995), p. 376
  10. Rubio Jiménez, Jesús (2018). La herencia de Antonio Machado (1936-1970). Col. Humanidades (en castelán). Zaragoza: Prensas de la Universidad de Zaragoza. p. 124. ISBN 978-84-17633-34-9. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Agramunt Lacruz, Francisco (2005). Arte y Represión en la Guerra Civil Española. Artistas en checas, cárceles y campos de concentración (en castelán). Salamanca: Junta de Castilla y León / Generalitat Valenciana. ISBN 9788448240813. 
  • Agramunt Lacruz, Francisco (2006). La vanguardia artística valenciana de los años treinta: arte y compromiso político en la II República (en castelán). Valencia: Conselleria de Cultura, Educació i Esport. ISBN 978-978-8448-24-2. 
  • Ezcurra, José Ángel (1995). "Propósito". En Alted Vigil, Alicia; Auber, Paul. Triunfo en su época (en castelán). Madrid: Casa Velázquez / Ediciones Pléyades. pp. 367–386. 
  • Gómez López, Javier, ed. (1990). Catálogo de carteles de la República y la Guerra Civil españolas en la Biblioteca Nacional (en castelán). Madrid: Dirección General del Libro y Bibliotecas. ISBN 84-7483-635-2. 
  • Julián González, Inmaculada (1993). El cartel republicano en la guerra civil española (en castelán). Madrid: Instituto de Conservación y Restauración de Bienes Culturales. ISBN 84-7483-991-2. 
  • Miravitlles, Jaume; Termes, Josep; Fontseré, Carles (1978). Carteles de la República y de la Guerra Civil (en castelán). Barcelona: La Gaya Ciencia. ISBN 84-7080-033-7. 
  • VV.AA. (2003). Arte y Propaganda. Carteles de la Universitat de València (en castelán). Valencia: Universitat de València. ISBN 9788437061153. 
  • VV.AA. (2005). Manuel Monleón: disseny i avanguarda = diseño y vanguardia: exposició = exposición. (en valenciano e castelán). Valencia: Biblioteca Valenciana / Pentagraf. ISBN 84-934617-2-5. 

Ligazóns externas editar