Manuel Lourenzo

actor, dramaturgo, director teatral e tradutor galego

Este artigo trata sobre o actor e autor teatral, para o narrador galego véxase Manuel Lourenzo González.

Manuel María Lourenzo Pérez, nado en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943,[1] é un actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego, e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.

Infotaula de personaManuel Lourenzo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1943 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Ferreira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstitut del Teatre Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector teatral , tradutor , dramaturgo , actor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0522085 AELG: 203 BUSC: lourenzo-manuel-1943 Dialnet: 610317 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio, é Licenciado en Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona.[1] Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, crea na cidade da Coruña (xunto con Francisco Pillado Mayor) o Grupo de Teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación Cultural O Facho e que marca, a xuízo de autores como Laura Tato ou Manuel F. Vieites, o inicio do teatro independente en Galicia. En 1967 funda o Grupo de Teatro Circo, de vital importancia dentro da historia do teatro galego, activo até 1976. Co Teatro Circo acudirá ás Xornadas de Teatro de Pontevedra de 1971 e mais ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), citas de necesaria referencia dentro do contexto do Teatro Independente. En 1978 funda, de novo xunto a Francisco Pillado, a Escola Dramática Galega, e codirixe con este autor os Cadernos da Escola Dramática Galega, os cales viron nacer ao seu abeiro personalidades do noso teatro como Xesús Pisón, Miguel Anxo Fernán-Vello ou Henrique Rabunhal.[2]

En 1979 publica, igualmente en coautoría con Pillado Mayor, a monografía O teatro galego,[3] libro pioneiro e aínda de referencia aínda hoxe en día dentro do ámbito do estudo da dramática.

Colaborador na prensa diaria e en revistas especializadas de teatro: Primer Acto, Yorick, Antzerti, Escena, CasaHamlet etc.[4]

Por outra parte, en 1980 crea a Compañía Teatral Luís Seoane e, en 1981, recibe con Pillado un premio outorgado pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, outorgado a raíz dun traballo sobre o teatro de Luís Seoane. Tamén en 1981, e tamén con Francisco Pillado Mayor, funda a editorial Castrodouro.

No ano 1990 crea o Clube de Teatro Elsinor, en 1995 saca á luz (tamén con Pillado Mayor) a colección Cadernos de Teatro.

En 1997 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática, por Veladas indecentes.[5]

No ano 1998, xunto con Santiago Fernández, crea a escola teatral Casahamlet.[6]

No 2007 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 2017 foi recoñecido como Profesor Honoris Causa pola ESAD de Galicia.[7]

En decembro de 2021 a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura ofreceulle a homenaxe A vida nunha cesta. Un agasallo para Manuel Lourenzo.[8]

O 14 de xuño de 2022, foi o protagonista dun acto no que se lembrou a súa traxectoria e viron a luz as súas Obras Completas, evento organizado pola Fundación Galiza Cultura e a A.C. O Galo.[9]

Un dos máis experimentados actores de teatro de Galicia, é ademais profesor de interpretación e actor de dobraxe. Ten colaborado en vídeo, cine e televisión, como en 1977 Quelques fleurs de saintété, de Jean-Pierre Jeanneson e a de 1988 Del Miño al Bidasoa de José Briz.[10]

Obra editar

Obra de creación editar

Autor de aproximadamente 150 obras dramáticas, o seu teatro volta aos temas da traxedia grega para denunciar situacións históricas (como o franquismo, a Transición...). Laura Tato Fontaíña destaca o seu interese polas figuras femininas que cumpren o rol da femme fatale e polas pezas de mulleres apaixonadas, no medio dunha mestura entre nostalxia, humor e fantasía. Concibiu tamén obras dramáticas nas que se ironiza con aspectos teóricos da dramática.

Algunhas das súas obras máis destacadas son:

  • Tres irmáns parvas (1969). Represanado polo Teatro Circo de Artesáns en 1970.[11]
  • Crónica do sol de inverno (1971). En: Primer Acto, Núm.137, outubro, 1971, p. 36-51
  • Erros e ferros de Pedro Madruga (1972). Representada por "Teatro Circo de Artesáns" en 1972.[12]
  • Romería ás Covas do Demo (1975). Pico Sacro. 70 páxs. ISBN 9788485170050.[13]
  • Viaxe ao país de ningures (1977). Vigo: Galaxia. Cuberta e ilustración de Luís Seoane. 71 páxs.
  • Todos os fillos de Galahad (1978).
  • As criadas (1980). (Obra de Jean Genet, representada pola Compañía Luís Seoane en 1980, baixo a dirección de Manuel Lourenzo).
  • Últimas fasquías de setembro (espectáculo). Na Casa Hamlet.
  • Edén e outros paraísos (1981). Castrodouro, Gráficas coruñesas.
  • Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca (1981). Sada: Ediciós do Castro.[14] 150 páxs. ISBN 9788474920741.
  • Fedra (1982). Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • A noite dourada de Mimí da Cora (1982). Compañía Luís Seoane.[15]
  • O segredo da Illa Troneira (1986). Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • Defensa de Helena (1987). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-8486021641.
  • Unha man de vento contra o mar (1989). Caixa Galicia.
  • Agamenón en Áulide (1991). Teatro do Atlántico.
  • Forno de teatro fantástico (1991). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 9788474925456.
  • Xoana (1991). Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • Teatro mínimo (1992). Elsinor Teatro. Inclúe as pezas "Laura" (1988), "A paixón de Brenda Moore" (1988-1992), "Mário e Manfredo" (1987), "Como un susurro" (1985), "A canción do deserto" (1990), "O binóculo" (1988) e "Aquela rúa" (1991).
  • Electra (1994). Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • O xardín dos contos (1994). Asociación Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós.
  • A lexión sonámbula (1995). A Coruña: Hércules.
  • O perfil do crepúsculo (1995). Cadernos de Teatro.
  • A sensación de Camelot (1995). AS-PG.
  • Magnetismo (1996). Deputación da Coruña.
  • Veladas indecentes (1996). Santiago: Laiovento. Foi traducida ao español.[16]
  • O circo da medianoite (1997). AS-PG/A Nosa Terra.
  • Lionel. O Malestar do Benestar (1998). En Casa Hamlet.[17]
  • Últimas faíscas de setembro (2000). Deputación da Coruña.
  • A larva furiosa. Adeus, Madelón (2003). Culleredo: Espiral Maior. 136 páxs. ISBN 9788495625649.
  • Insomnes (2004). Deputación da Coruña.
  • Camiñar polo arame cunha lata de cervexa (2005). Santiago: Laiovento. 20 páxs. ISBN 978-84‐8487‐074‐6.
  • Nocturnos (2005). Santiago: Laiovento. 132 páxs. ISBN 978-84-8487-068-5.[18]
  • Eclipses (2006). Santiago: Laiovento. 180 páxs. ISBN 978-84-8487-094-4.[19]
  • Illa: contos troianos (2006). Silleda: Fervenza. Ilustradora: Rosa Herraiz Cabanas. 22 páxs. ISBN 84-96368-40-8.
  • Contos troianos (2007). Deputación da Coruña.
  • Eléctricas (2007). Santiago: Laiovento. 168 páxs. ISBN 978-84-8487‐131‐6.
  • As horas baixas (2008). Santiago: Laiovento. 122 páxs. ISBN 978-84-8487-147-7.
  • Concerto (2009). Santiago: Laiovento. 144 páxs. ISBN 978-84-8487‐176‐7.[20]
  • As dunas (2009). Centro Dramático Galego. Dirixida por Quico Cadaval. Versión de Romaría ás covas do demo.
  • Medea dos fuxidos e outras pezas (2009). Biblos Clube. ISBN 978-84-937323-3-2.
  • Flores de Dunsinane (2010). Vigo: Xerais. 48 páxs. ISBN 978-84-9914-141-1.
  • Teatro circo: tres textos (2010). Deputación da Coruña.
  • Tres versións (2010). Santiago: Laiovento. 110 páxs. ISBN 978-84-8487-197-2.[21]
  • Aquelas cousas do verán (2011). Artes e Ideas Difusora de Letras. 62 páxs. ISBN 9788492958092.
  • Novo teatro fantástico (2012). Santiago: Laiovento. 152 páxs. ISBN 978-84-8487-228-3.[22]
  • Nunca paraíso. Teatro breve (1973-2015) (2016) Vigo: Xerais. 360 páxs. ISBN 978-84-9121-113-6.[23]
  • Suite Artabria (2017). Vigo: Xerais. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-252-2.[24]

Obra completa editar

Os catro volumes editados por Galiza Cultura recollen preto de 50 anos da produción teatral. O primeiro volume abrangue a dramaturxia comprendida entre 1960 e 1982, o segundo vai de 1983 até 1996, o terceiro de 1997 ata 2006, e o cuarto de 2007 até 2009.[25]

Obra ensaística editar

Manuel Lourenzo é tamén autor de libros e artigos teóricos sobre o teatro galego. Os máis destacábeis son:

  • Tacholas (1975). Sada: Ediciós do Castro).
  • O teatro infantil galego (1978). Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • Mensaxe do Día Universal do Teatro (1992). Instituto Galego da Información.
  • Pensar co corpo (2001). Deputación da Coruña.

Poesía editar

  • Santuário (1983). Concello de Vigo.

Narrativa editar

  • O hóspede escandinavo (2010). Culleredo: Espiral Maior. 62 páxs. ISBN 9788492646074. 61 relatos curtos.

Traducións editar

  • A Maravillosa história de Marly, a vampira de Vila de Cruces (fotonovela nun acto), de Carlos Queiroz Telles (1988).

Literatura infanto-xuvenil editar

  • Teatro para nenos (1982). Sada: Ediciós do Castro).

Obra escrita con Francisco Pillado Mayor. editar

  • A compañía galega Maruxa Villanueva (1979). Cadernos da Escola Dramática galega.
  • O teatro galego (1979). Sada: Ediciós do Castro
  • Antoloxía do teatro galego (1982). Sada: Ediciós do Castro.
  • Dicionario do teatro galego (1987). Santiago: Sotelo Blanco.
  • Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro (2006). Deputación da Coruña.

Obras colectivas editar

  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986). Concello de Lugo.
  • Monólogos (1987). Santiago: Sotelo Blanco.
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990). Sada: Ediciós do Castro.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990). Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos.
  • O camiño das estrelas (1993). Elsinor Teatro.
  • O xardín dos contos (1994). Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós.
  • O Canto de Vilavella (1996). Xunta de Galicia.
  • Contos do Valadouro (1998). A Nosa Terra.
  • Liñas para lelas (1998). RENFE/Grándola Nova Edicións.
  • Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010). Deputación de Lugo.
  • Cociñando ao pé da letra (2011). Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012). Deputación da Coruña.
  • Banqueiros (2012). Santiago: Laiovento.

Actor editar

Premios editar

Durante a súa carreira, Manuel Lourenzo colleitou numerosos premios literarios e teatrais. Estes son:

  • Concurso Breogán de Contos en Lingua Galega (1971, 1972, 1975).
  • 3º Premio de Contos dos IV Jogos Florais Minho-Galaicos. Convívio de Guimarães no 1973, por O retorno do cabo de vela.
  • Concurso-Premio de Teatro Infantil O Facho (1975, 1979, 1981, 1986, 1988).
  • Premio Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (1977, 1981).
  • Premio Abrente (1978)/ Mención de honra no Premio Abrente (1974 e 1980).
  • Premio de Poesía Cidade da Coruña (1980).
  • Premio Nacional do Disco (1981).
  • Premio Celso Emilio Ferreiro de Poesía do Concello de Vigo (1982), por Santuário.
  • Premio Artur Carbonell (1983).
  • Festival Internacional de Teatro de Ribadavia (1984, mellor dirección).
  • Premio da Sociedade Filantrópico-Dramática de Ribadeo (1984).
  • Premio Concello de Xove (1984), por O segredo da Illa Troneira.
  • Premio Teatro de Cámara Ditea (1985), por Defensa de Helena.
  • Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (1986, 1990).
  • Certame Galego de Teatro Xuventude (1991)/Segundo Premio en 1996).
  • Premio de Narrativa Pub Combo (1992).
  • Premio Xeración Nós de Ferrol (1993).
  • Finalista do Concurso de Obras Teatrais Inéditas "No Camiño" (1993)/ Accesit en 1994.
  • Premio de teatro Rafael Dieste (1996, por Magnetismo e 1999, por Últimas faíscas de setembro).
  • Premio Nacional de Literatura Dramática (1997), por Veladas indecentes.[26]
  • Pedrón de Ouro (2001).
  • Premio Maruxa Villanueva (2004).
  • Premio Nacional de Artes escénicas (2008).
  • Premio Álvaro Cunqueiro por Flores de Dunsinane (2009).[27]
  • Premio Abrente de Textos Teatrais no 2010, por Aquelas cousas do verán.
  • Premio Otero Pedrayo das Deputacións galegas e a Xunta de Galicia, 2011.[28]
  • Premio de teatro da AELG, 2011, por Flores de Dunsinane.
  • Premio Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) á Animación Teatral en 2016.
  • XXIII Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, 2016, por Suite Artabria.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de teatro de 2017, por Suite Artabria.
  • En 2018 o FIOT premia a traxectoria de 50 anos de Manuel Lourenzo.[29]
  • Cunqueiriano de honra en Mondoñedo, 2023.[30]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Manuel Lourenzo". www.aelg.gal. Consultado o 2022-06-21. 
  2. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-21. 
  3. Vilavedra 2000, p. 451-452.
  4. "Ficha do autor". bvg.udc.es. 
  5. País, El (1997-11-04). "Manuel Lourenzo, premio Nacional de Literatura Dramática". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-06-21. 
  6. "CasaHamlet". blogdecasahamlet.blogspot.com. Consultado o 2022-06-21. 
  7. "Onte 1831: Manuel Lourenzo Honoris Causa da ESAD de Galicia – Brétemas". Consultado o 2022-06-21. 
  8. martinho. "Homenaxe a Manuel Lourenzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña Culturalia GZ" (en castelán). Consultado o 2022-06-21. 
  9. Diario, Nós (2022-06-09). "Galiza Cultura homenaxeará Manuel Lourenzo". Nós Diario. Consultado o 2022-06-21. 
  10. "Manuel Lourenzo AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2022-06-21. 
  11. Lourenzo, Manuel(1943-); Artesáns, Teatro Circo de (2010-09-24). "Tres irmás parvas". 
  12. Lourenzo, Manuel; Artesáns, Teatro Circo de (2010-09-24). ""Erros e ferros de Pedro Madruga"". 
  13. Teijeiro, Noelia Cendán (2012-06-14). "Do "Hipólito" de Eurípides á "Romería ás covas do demo" de Manuel Lourenzo: algunhas pasaxes de confluencia". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (en portugués) 15: 23–33. ISSN 1988-3285. doi:10.5209/rev_MADR.2012.v15.39191. 
  14. Vilavedra 2000, p. 464-465.
  15. "Almazen - A noite dourada de Mimi da Cora CDAEM, Teatro Español". www.teatro.es (en éuscaro). Consultado o 2022-06-21. 
  16. "Veladas indecentes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-10. 
  17. Carpo, Alberto; teatral), CasaHamlet (Grupo (2004). ""Lionel, o malestar do benestar" de Manuel Lourenzo". 
  18. "Edicións Laiovento - NOCTURNOS". laiovento.gal. Consultado o 2022-06-21. 
  19. "Edicións Laiovento - ECLIPSES". laiovento.gal. Consultado o 2022-06-21. 
  20. "Edicións Laiovento - CONCERTO". laiovento.gal. Consultado o 2022-06-21. 
  21. "Edicións Laiovento - TRES VERSIÓNS". laiovento.gal. Consultado o 2022-06-21. 
  22. "Edicións Laiovento - NOVO TEATRO FANTÁSTICO". laiovento.gal. Consultado o 2022-06-21. 
  23. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-21. 
  24. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-21. 
  25. "Galiza Cultura edita a obra teatral completa de Manuel Lourenzo". Nós Diario. 2022-04-28. Consultado o 2022-06-21. 
  26. "Manuel Lourenzo, premio Nacional de Literatura Dramática". El país (en castelán). 5 de novembro de 1997. 
  27. "Manuel Lourenzo gana el XVIII Premio Alvaro Cunqueiro para textos teatrales con 'Flores de Dunsinane'". La Región (en castelán). 19 de outubro de 2009. 
  28. Rodri García (19 de febreiro de 2011). "El premio Otero Pedrayo reconoce la labor del estudio CasaHamlet". La Voz de Galicia (en castelán). 
  29. "O FIOT premia a traxectoria de 50 anos de Manuel Lourenzo". Turismo Carballo. Consultado o 2022-06-21. 
  30. Redacción (2023-02-04). "O dramaturgo Manuel Lourenzo será distinguido como Cunqueiriano de Honra nun acto no Concello de Mondoñedo". Xornal da Mariña. Consultado o 2023-02-05. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar