Manuel López Pinal

radiotelegrafista e político galego

Manuel López Pinal, nado no Carballiño en 1912 e finado no campo de concentración de Meheri-Zebbeus (Tunisia) en 1939, foi un mariñeiro, radiotelegrafista e político galego.

Infotaula de personaManuel López Pinal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Morte1939 Editar o valor em Wikidata (26/27 anos)
Tunisia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónradiotelegrafista (pt) Traducir , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiro fillo de Jesús López Pérez e Juana Pinal Pereira, tratantes de polbo que se instalaron no Grove e puxeron unha taberna. Alistouse na Armada e formouse na Escola de San Fernando (Cádiz) como radiotelegrafista. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba destinado como radiotelegrafista no Acoirazado Jaime I no porto de Vigo. Manuel foi elixido dirixente dos mariñeiros que se rebelaron contra a oficialidade pro-golpista o 29 de xullo cando navegaban por augas de Portugal. Foi comisario político, por uns meses, do destrutor Lazaga. Cando rematou a guerra arribou a Bizerta (Tunisia) desde onde foi levado ao campo de concentración de Meheri-Zebbeus, onde morreu.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar