Manuel González López

economista e político galego

Manuel González López, nado en Rates (Outes) en novembro de 1975,[1] é un doutor en economía e político galego de Compromiso Outes.[2] É o alcade de Outes dende o ano 2019.

Infotaula de personaManuel González López
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Outes, España Editar o valor em Wikidata
Cargos

Alcalde de Outes
Período15 de xuño de 2019 – 
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía, política rexional, innovative business (en) Traducir e xeografía económica Editar o valor em Wikidata
OcupaciónProfesor de universidade e político
Partido políticoCompromiso Outes
Compromiso por Galicia
BNG
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado e doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudos na Universidade de Manchester no Reino Unido, e é profesor no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.[3] Ten unha ampla experiencia investigadora, con múltiples artigos en revistas nacionais e internacionais, participando tamén en proxectos europeos.

No ámbito profesional ten experiencia no sector da consultoría, nas áreas de proxectos europeos e de cooperación ao desenvolvemento. Foi socio fundador da empresa Devalar Consultoría Europea, xurdida ao abeiro dos programas de apoio ao emprendemento da USC.

No eido político, estivo afiliado ao BNG dende a mocidade, foi concelleiro en Outes tralas eleccións municipais de 2003, como número 2 da candidatura. Volveu ser elixido en 2007 e 2011, chegando a ser nesta última ocasión a segunda forza política no municipio.

Membro da corrente interna Máis Galiza, tralo abandono desta do BNG en marzo de 2012 tamén deixou a fronte nacionalista, para participar na fundación de Compromiso por Galicia, do que foi membro da súa primeira executiva nacional. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura de CxG e logrou 4 concelleiros, consolidando o proxecto como alternativa ao PPdeG en Outes. De cara ás eleccións municipais de 2019 o seu equipo abadonou CxG e encabezou a candidatura independente Compromiso Outes á alcaldía, logrando ser a forza máis votada con 5 concelleiros, polo que foi elixido alcalde con maioría simple.[1] Nas municipais de 2023 obtivo 4 concelleiros e foi reelixido alcalde grazas a un pacto de goberno co BNG e o PSdeG.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Jamardo, J. M. (16-06-2019). "O novo alcalde de Outes apelou ao diálogo e á colaboración". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 17-06-2019. Consultado o 17-06-2019. 
  2. "Compromiso Outes ultima a lista coa que concorrerá á cita de maio". La Voz de Galicia. 05-03-2019. Arquivado dende o orixinal o 17-06-2019. Consultado o 17-06-2019. 
  3. "Manuel González López". Praza Pública. Consultado o 17-06-2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


Predecesor:
María Beatriz Molinos Vidal
  
Alcalde de Outes
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo