Manuel García Maceira
Manuel García Maceira, nado en Tui o 21 de decembro de 1816, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1816 (207 anos) Tui, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Foi Colexial de Fonseca en Compostela. Doutorouse en Teoloxía na Universidade de Salamanca e acadou as cátedras de lingua hebrea nas Universidades de Salamanca e Madrid.
Retornou a Tui para facerse cargo das industrias familiares, principalmente a sociedade Andrés Maceira Hermanos, que abranguía cambio e bolsa, fábricas de serrar madeira, de curtidos, de lencería, transporte de vapores polo río, obras públicas etc.
Foi deputado conservador polo distrito de Tui nas lexislaturas 1853-1854, 1857-1858 e 1858-1863. Nas eleccións xerais de 1858 enfrontouse a José Fernández de la Hoz, que fora ministro de Graza e Xustiza, e foi derrotado, se ben as eleccións foron anuladas polas múltiples irregularidades realizadas por ambos os candidatos.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- A casa dos Maceira
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Xenealoxía García Maceira, Manuel