Manuel Gago Mariño

xornalista e divulgador galego

Manuel Gago Mariño, nado en Palmeira (Ribeira) o 22 de xuño de 1976, é un xornalista e profesor galego.

Infotaula de personaManuel Gago Mariño

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Palmeira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webmanuelgago.org Editar o valor em Wikidata
Facebook: magago Twitter: magago Instagram: magago Youtube: UCz-MqEPXSDQijdxR1QxgyjA Pinterest: magago AELG: 542 Dialnet: 763553 Editar o valor em Wikidata


Manuel Gago (esquerda) xunto ao arqueólogo Xurxo Ayán.

Traxectoria editar

É doutor en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2011 presentou a súa tese de doutoramento Deseño editorial e arquitectura da información nos cibermedios internacionais de referencia, cualificada cun sobresaínte cum laude.

Dá clase en calidade de profesor asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, impartindo materias relacionadas co Ciberxornalismo. É membro do Grupo de investigación en Novos Medios da USC. Mantén o que se considera o blog en activo máis vello do blogomillo, Capítulo 0.

Como divulgador cultural dirixe o portal do Consello da Cultura Galega culturagalega.org. Foi comisario da exposición Ao pé do lar (Museo do Pobo Galego, 2010), promovida para o Fórum Gastronómico en Santiago.

Dentro do eido arqueolóxico, participou no equipo de investigación nas escavacións do castro da Lanzada, e promoveu, xunto co arqueólogo Antón Malde, a escavación do complexo de Pena Furada. En 2011 creou o sitio web Patrimonio Galego, e en 2012 promoveu, tamén con Antón Malde, outra escavación arqueolóxica, a da Torre dos Mouros en Lira.[1][2]

Obra en galego editar

Manuel Gago dando unha charla no décimo aniversario da Galipedia en 2013.

Ensaio editar

Narrativa editar

Obras colectivas editar

  • Novas tendencias do xornalismo electrónico (2002). Lea ed. Con Xosé López García e José Pereira Fariña.
  • Historia das historias de Galicia (2016). Xerais. 408 páxs. ISBN 978-84-9121-001-6.

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • Sistemas Digitales de Información (Pearson Prentice Hall, 2006).
  • Diseño Periodístico en Internet (UPV, 2007).

Notas editar

  1. Sobre nós na web patrimoniogalego.net
  2. O autor páxina biográfica no seu blog Capítulo cero
  3. Lorenzo Gil, César (2019-04-09). "‘O anxo negro’, buscando un best-seller con conciencia". BiosBardia. Consultado o 2021-03-12. 
  4. Redacción. "O exército de fume (Xerais) de Manuel Gago". www.fervenzasliterarias.gal. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2021. Consultado o 2021-03-12. 
  5. Entrevista. "Manuel Gago: sinto que o que hoxe é Galiza decidiuse nos 80". www.nosdiario.gal. Consultado o 2021-03-24. 
  6. Domínguez Alberte, Xoán Carlos. "Nus". Nós Diario. Consultado o 2021-04-29. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar