Manuel Formoso Lamas
Manuel Formoso Lamas, nado en Burres (Arzúa) en 1853 e finado en Almansa en xuño de 1913, foi un mestre e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1853 Burres, España |
Morte | xuño de 1913 (59/60 anos) Almansa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , escritor |
Traxectoria editar
Estudou en Mondoñedo. Conseguiu o título de profesor da Escola Normal. Exerceu como mestre en Pontedeume, Chantada (1882-1910) e Almansa, dende xaneiro de 1911.[1] Colaborou en El Correo Gallego, La Monarquía, Crónica de Pontevedra, El Magisterio Gallego, Galicia. Revista Regional, El Regional e Follas Novas. Foi correspondente de La Idea Moderna en Chantada. Foi membro correspondente da Real Academia Galega dende 1905.[2] Finou en Almansa en xuño de 1913.[3]
Obras editar
- Sistema métrico teórico-practico decimal, 1886.
- Apuntes para la historia de Chantada, 1905.[4]
Recoñecementos editar
Vida persoal editar
Casou con Manuela Albán Deus, que finou en Chantada o 8 de xaneiro de 1899.[7] Casou en segundas nupcias en Chantada con María Salomé Otero Cortés en novembro de 1899.[8] Salomé Otero finou en marzo de 1902.[9] Manuel Formoso volveu casar con Antonia Gutiérrez Tojo, irmá de Ramón Gutiérrez Tojo.[10]
Notas editar
- ↑ El Regional, 23-1-1911, p. 3.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 16-11-1905, p. 3.
- ↑ El Centinela, 18-6-1913, p. 1.
- ↑ Apuntes para la historia de Chantada
- ↑ El lucense 29-7-1891, p. 3.
- ↑ La Región, 3-3-1927, p. 8.
- ↑ La Idea Moderna, 18-1-1899, p. 2.
- ↑ La Idea Moderna, 12-11-1899, p. 3.
- ↑ El Regional, 29-3-1902, p. 1.
- ↑ El Norte de Galicia, 9-2-1911, p. 1.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Cascón Rodríguez, Armando F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. p. 199. ISBN 84-9812-018-7.