Manuel Fernández Soto

militar e guerrilleiro antifranquista galego

Manuel Fernández Soto, coñecido como Coronel Benito ou Soutiño, nado en Mugardos en 1902 e finado en Penacova (Bóveda) o 22 de xuño de 1949, foi un militar, político e guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaManuel Fernández Soto
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xuño de 1949 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Penacova, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCoronel Benito
Soutiño Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mariñeiro do acoirazado Jaime I cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, ao ano seguinte afiliouse ao PCE. Ao final da guerra civil estivo no campo de concentración de Bicerta (Tunisia). Despois marchou á Unión Soviética, alistouse no Exército Vermello en agosto de 1942 e loitou na segunda guerra mundial nunha unidade da NKVD e combatiu nos Cárpatos ata novembro de 1944. Concedéronlle a Orde da Guerra Patria.

Trasladouse á Arxentina e a finais de 1945 volveu a Galicia para formar parte da dirección da guerrilla e do PCE. Logo da caída da dirección guerrilleira en Galicia en xullo de 1948 asumiu a tarefa da reorganización da guerrilla sobre a base das consignas comunistas e iniciou un proceso de militarización, o que o levou a enfrontamentos cos enlaces e a rede de apoios, mesmo con acusacións de ser un infiltrado. Pouco despois de asumir formalmente a xefatura da guerrilla e a secretaría xeral do Comité Rexional do PCE en marzo de 1949 foi denunciado por Francisco Cano Román, un garda civil infiltrado no seo da guerrilla, morrendo o 22 de xuño de 1949 a mans da Garda Civil en Penacova, na parroquia de Remesar (Bóveda), xunto con Bernardo Álvarez Trabajo; un terceiro compoñente do grupo, Elías López Armesto, resultou malferido e morreu días despois. Foi substituído na secretaría do Comité Rexional por José Sevil.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar