Manuel Fernández Núñez

guerrilleiro antifranquista galego

Manuel Fernández Núñez,[1] coñecido como Chaparrín, nado en Becerreá cara a 1911 e finado en Lugo o 6 de maio de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaManuel Fernández Núñez
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Becerreá, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de maio de 1940 Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesChaparrín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Camareiro en Becerreá. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de novembro. Estivo preso no depósito municipal de Becerreá, pero logrou fuxir con Antonio Ulloa Regueiro e outros 14 presos o 7 de decembro. Integrouse no grupo de Antonio Ulloa que actuaban pola comarca dos Ancares. Encartado na causa 190/37 por rebelión militar, foi reclamado polo Xulgado Militar de Lugo en agosto de 1937.[2] Foi reclamado polo xuíz de Becerreá na instrución do expediente da Comisión Provincial de Incautación de Bens en decembro de 1937.[3] Detido en 1940, foi xulgado en Lugo por rebelión militar e condenado a morte. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 6 de maio de 1940.

Notas editar

  1. Algunhas fontes transcriben como Manuel Núñez Fernández
  2. BOP Lugo, 10-8-1937. p. 2.
  3. BOP Lugo, 11-12-1937, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar