Manuel Durán Durán
xornalista español
Manuel Durán Durán, nado na Estrada, foi un empresario e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | A Estrada |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Emigrou a Cuba, onde foi secretario[1] e despois presidente da Sociedade Hijos de Tabeirós na Habana,[2] e secretario da Sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba.[3] Retornou á Estrada a finais de 1932[4] e montou a tinturaría "Madrid"; incorporouse á Comisión de prensa do Centro de Emigrados e foi secretario do Centro[5] e administrador de El Emigrado, asumindo a dirección do periódico en agosto de 1935, logo do cesamento de José María Sánchez Brea.[6] Continuou como director até xullo de 1936. En marzo de 1936 foi nomeado concelleiro da Estrada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal. Desde alí marchou a Cuba.[7]
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Garrido Couceiro, Xoán Carlos (1995). Manuel García Barros. Loitando sempre. Lugo: Fouce. pp. 133–134. ISBN 84-605-4289-0.